Mensaxe de erro

Notice: Undefined index: localized_options en menu_navigation_links() (liña 1873 de /www/drupal7_santiagodecompostela.gal/www/includes/menu.inc).
29/07/2025

En agosto Contos no parque para o Apego

Actividades do programa Apego no parque de Bonaval todos os martes de agosto ás 18 h (na plataforma dos arcos)

30/06/2025

O verán no Espazo Apego no mes de xullo

Estamos no verán! Días longos e tempo de lecer: baños refrescantes no río, no mar ou na piscina, paseos polos parques do noso concello e unha chea de actividades no Espazo Apego.

27/05/2025

A diversidade na programación de xuño do Espazo Apego

Neste mes de san Xoán, emprendemos a recta final do curso escolar e dámoslle a benvida ao verán no Espazo Apego.

19/05/2025

A improvisación oral en galego encheu o Auditorio de Galicia nos premios Enreguéifate 2025

Oitava edición deste certame impulsado polo Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago de Compostela xunto cos servizos de normalización lingüística dos concellos de Ames, Carballo, Pontevedra e Teo, para fomentar a improvisación oral en verso en lingua galega.

25/04/2025

Por Compostela e o mundo: as actividades de maio no Espazo Apego

Ata a Ascensión non quites o roupón e despois quita e pon. No mes da festa compostelá de maior arraigamento, ascenderemos desde a nosa cidade cara ao mundo enteiro!

23/03/2025

A literatura galega na programación de abril do Espazo Apego

Neste mes primaveral, temos dous mércores moi bibliófilos: o Día da literatura infantil e xuvenil e o Día do libro (o 2 e o 23, respectivamente), polo que no Espazo Apego aproveitaremos para celebrar a nosa literatura.

17/03/2025

Coñecermos a historia do galego paseando por Santiago de Compostela

Compostela e as orixes da lingua é un paseo lingüístico sobre as orixes da cidade e a súa relación co galego, cuxo obxectivo é divulgar, de xeito ameno, a orixe e diversidade do desenvolvemento do noso idioma.

12/03/2025

Convocatoria dos obradoiros de acollemento lingüístico na primavera 2025

OAL - Convocatoria da primavera 2025

27/02/2025

O Colexio La Salle de Santiago pasa á fase final do Club de Debate Alingua

O IES Terra de Xallas de Santa Comba e o colexio La Salle de Santiago quedaron en primeira posición cun premio de 800 € e en segunda posición cun premio de 500 €, respectivamente, na segunda xornada da fase previa desenvolta en Ribeira do Club de Debate Alingua.

01/03/2025

A igualdade na programación do Espazo Apego en marzo

Arredor do Día Internacional da Muller e lembrando tamén o pasado Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, durante este mes entroideiro as actividades do Espazo Apego centraranse na igualdade entre mulleres e homes.

03/02/2025

Canles gañadoras dos Premios Youtubeir@s+ 2024

Fachenda ao cadrado!

24/01/2025

A cultura popular durante febreiro no Espazo Apego

Durante o mes en que a tradición di que casan os paxariños, no Espazo Apego somerxémonos de cheo na nosa cultura popular.

02/01/2025

Apego no mes de xaneiro

Estreamos este 2025 seguindo o ronsel da Estrela do Nadal na cidade de Santiago de Compostela cun mes de xaneiro concienciado co medio e coa natureza do noso territorio.

21/12/2024

A música, fío condutor da Festa do Apego 2024

O ritmo, as harmonías, as melodías e, por suposto, as letras das cancións serán os elementos imprescindibles para unha gandaina sensorial coa que achegar a cultura e o lecer en galego aos e ás máis pequenas da casa para o goce de toda a familia.

29/11/2024

Nadal con Apego

O xogo e os xoguetes tradicionais serán o fío condutor deste tempo de Nadal no Espazo Apego, cheo coma sempre de divertidas actividades e espectáculos onde a lingua galega é, para as nosas nenas e nenos, o mellor agasallo.

Páxinas