Mensaxe de erro

Notice: Undefined index: localized_options en menu_navigation_links() (liña 1873 de /www/drupal7_santiagodecompostela.gal/www/includes/menu.inc).

Programación de marzo no Espazo Apego

Caracois
Crianzas
02/03/2026

Arredor do Día Internacional das Mulleres e lembrando tamén o pasado Día Internacional das Mulleres e das Nenas na Ciencia, durante este mes as actividades do Espazo Apego centraranse na igualdade entre mulleres e homes.

Todas as actividades propostas desenvólvense con inscrición previa cubrindo cadanseu formulario. O día anterior sobre as 12 h recibirase un correo coa confirmación da praza, xusto despois de rematar o prazo de inscrición.

 

A lingua medra

Luns / 17 h / Espazo Apego

Os diferentes contextos da vida teñen o seu espazo cada luns arredor do xogo, da experimentación, do coñecemento… Cada semana o enfoque será diferente: cociñarase no espazo Merendolas; a psicomotricidade será a guía en Movéndonos con Apego; e a ciencia será a protagonista en Experimentamos. De 17 a 19 h para 2-6 anos. O correo de confirmación da praza neste caso recibirase o venres anterior á actividade, ao rematar o prazo de inscrición.

Luns 2. Merendolas

Inscrición

Luns 9. Movéndonos con Apego

Inscrición

Luns 16. Merendolas

Inscrición

Luns 23. Experimentamos

Inscrición

Luns 30. Experimentamos

Inscrición

 

Tardes de contos

Martes / 17 e 18.15 h / Espazo Apego

Un tempo para entrar nos contos e imaxinar a partir deles, aprendendo cada vez máis palabras para entender o mundo. As actividades desenvólvense cada semana arredor dun centro de interese diferente, arredor dunha temática mensual e en dous horarios: de 17 a 18 h para 0 a 3 anos e de 18.15 a 19.15 h para 3 a 6 anos.

Martes 3                                                                                                            

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 10

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 17

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 24

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 31

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

 

Enredando e lingoretando

Mércores / 17 h / Espazo Apego

Un espazo de entretemento activo arredor do xogo, libre ou guiado. A socialización en galego é o obxectivo e a imaxinación e os valores da amizade e a cooperación serán as ferramentas. A actividade contará con dous grupos diferenciados: para 3-6, sen acompañamento dunha persoa titora, e para 0-3 con acompañamento. Nos dous casos o horario será de 17 a 19 h. Iranse incorporando temas e materiais relacionados coas festividades, o medio natural, a contorna inmediata etc., para propiciar a interacción.

Mércores 4. Xogamos coas palabras

Inscrición para 0-3

Inscrición para 3-6

Mércores 11. Fabricamos xoguetes

Inscrición para 0-3

Inscrición para 3-6

Mércores 18. Imos ao patio

Inscrición para 0-3

Inscrición para 3-6

Mércores 25. Xincana de palabras

Inscrición para 0-3

Inscrición para 3-6

 

Tachán!

Dous xoves do mes/ 18 h / Espazo Apego

Contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.

Xoves 12. “Vai frío!”, de Iván Dávila (de 1 a 4 anos)

Contos fresquiños para a cativada máis cativa onde, a través dos estímulos visuais, auditivos e espaciais, entrarán en calor coas historias máis fascinantes e os personaxes máis delirantes. Os libros en que se basea o espectáculo: Mamá pingüín é a mellor (Chris Haughton), Imos cazar un oso (Michel Rosen) e Unha eiruga moi larpeira (Eric Carle).

Inscrición

Xoves 26. “Cambia o conto”, de Música Miúda (de 3 a 6 anos)

Concerto-contacontos en formato dúo, onde se traballan os estereotipos de xénero a partir de contos tradicionais. Descubriremos as verdadeiras historias de Carapuchiña e da Pequena Serea e tamén de novos personaxes como o Pirata Efrén e a Avoa Lola. Espectáculo interactivo con cancións orixinais do disco Cambia o conto.

Inscrición

 

 

Resumo: 

As actividades do programa Apego xa teñen os formularios de inscrición abertos!