Apego

WEB
Crianzas

Apego é un programa de dinamización sociolingüística que busca incrementar a porcentaxe de nenos e de nenas que reciben o galego desde o berce e que promove e apoia o seu uso na socialización.

 

Desenvólvese colaborativamente entre varios concellos para lograr que a nosa lingua estea presente de maneira integral no contexto familiar e social en que viven os nenos e nenas, desde o nacemento ata que comezan a etapa escolar.

 

Apego procura facilitar información e argumentos positivos....

- cando as familias nos visitan para adherirse ao programa

- no material que inclúe a caixa que lles entregamos ao se inscribiren

- a través das canles de comunicación que mantemos

 

Apego achega recursos para a socialización en galego...

- colaborando a que se coñezan os que están dispoñibles

- creando outros novos

- promovendo que outras entidades se sumen a este obxectivo

 

Apego crea redes e comunidade....

- pon en contacto moita xente e moitas entidades

- facilita o encontro entre familias que están interesadas na crianza en galego

- promove a colaboración de xeito transversal cos obxectivos do programa

 

Apego arroupa a crianza en galego...

- informando de convocatorias, espazos, materiais etc.

- promovendo e programando actividades que faciliten a socialización

- ofrecendo recursos e formación aos profesionais que traballan cas nenas e nenos

Dirixido a: 

Familias con crianzas de 0 a 6 anos.
Co fin de que a información chegue de maneira máis efectiva, todas as familias que estean agardando un bebé ou teñan crianzas ata 6 anos poden adherirse ao programa. Para facelo cómpre que visiten o Departamento de Lingua Galega cun anaco de tempo para manter unha pequena entrevista na que lles entregamos a caixa de benvida. É necesario concertar a cita e pódese facer enviando un correo a dlg@santiagodecompostela.gal ou cubrindo esta ficha

Documentos e ligazóns: 

Web Apego

Videos Apego

Facebook Apego

 

Actividades abertas

 

Novas:

Marzo con Apego (2023)

Actividades do Apego en febreiro (2023)

Volve a Festa do Apego para pechar o 2022

Decembro no Apego

Actividades do Apego en novembro (2022)

Outubro 2022 no Espazo Apego

Setembro no Apego (2022)

Contos no parque 2022

Xullo no Espazo Apego (2022)

Actividades do Apego en xuño (2022)

Maio con Apego (2022)

Proposta con Apego para o mes de abril (2022)

Marzo con Apego (2022)

Febreiro con novidades no Espazo Apego (2022)

Festiña do Apego 2021

Un decembro cargadiño de Apego! (2021)

Novembro no Espazo Apego (2021)

Outubro no Espazo Apego (2021)

Setembro no Espazo Apego (2021)

Contos no parque (2021)

Un xogo para os coleccionables do Apego

Os coleccionables do Apego

Actividades do Apego para xullo (2021)

O Apego no mes de xuño (2021)

Proposta de actividades con Apego no mes de maio (2021)

Actividades con Apego para o mes de abril 2021

Actividades no Espazo Apego (marzo 2021)

Actividades no Espazo Apego. Febreiro 2021

O Festival do Apego desde a pantalla

O 27 de decembro temos unha cita no Festival do Apego 2020

Actividades novembro e decembro (2020)

Comeza o outono con Apego (actividades setembro e outubro 2020)

Nova proposta de actividades infantís para o verán (2020)

Volven as actividades do Apego xuño 2020

Unha gran festa para moito pequeno público

Actividades con Apego de novembro e decembro (2019)

Actividades con Apego de setembro e outubro (2019)

Actividades con Apego de xullo e agosto (2019)

Actividades con Apego de maio e xuño (2019)

Actividades con Apego de marzo e abril (2019)

Tardes xogantinas

Máis de 400 familias do Apego en Compostela!