Volve a Festa do Apego para pechar o 2022
O 30 de decembro teremos un día enteiro de actividades para a cativada máis cativa e para socializarmos co galego como ferramenta e coa música, os contos, o xogo, a danza, o teatro, os recursos... como experiencias enriquecedoras. Unha verdadeira festa para rematar o ano.
A programación comeza ás 12 e remata ás 20 h no Auditorio de Galicia. Haberá espazos para experimentar, como as mostras de recursos, os xogos de Paporrubio e de Brazolinda ou a imprenta tipográfica. Haberá tamén citas artísticas en paralelo para podermos escoller entre moitas opcións, algunhas en primicia e outras que despiden o seu paso polos escenarios, e o día pechará cun gran concerto no que celebraremos os 30 anos de Migallas.
A entrada é aberta e de balde ata completar a capacidade en cada actividade:
Recursos educativos Alí. Fabaloba
Recibidor. De 12 h a 14 h e de 16 a 19 h
Mostra comentada para toda a familia
Recursos para a igualdade. Atlantic Ponte
Recibidor. De 12 h a 14 h e de 16 a 19 h
Mostra comentada para as persoas adultas
Xogos de Mesa. Brazolinda
Recibidor. De 12 h a 14 h e de 16 a 19 h
Experimentación para toda a familia
Imprenta tipográfica. Alouette Machine
Sala de exposicións. De 12 a 14 e de 16 a 19 h
Obradoiro continuado. Para +3 anos
Obradoiro de arte. Lúa Gándara
Sala de exposicións. De 12 h a 14 h
Artes plásticas para +3 anos.
Xogos Paporrubio
Sala de exposicións. De 12 a 14 e de 16 a 19 h
Xogos tradicionais para toda a familia.
Sons do berce. A Cova das Letras
Sala Ángel Brage. Dúas sesións: 12 e 12.45 h
Espectáculo escénico e musical para menores de 3 anos
Comerá o bebé? Cris de Caldas
Sala de exposicións. 12.30 h
Contos. A partir de 6 meses.
Paxaro amigo (músicas para a paz). Mamá Cabra
Sala Mozart. 13 h
Música e teatro (última representación). Familiar
Armadanzas
Sala de exposicións. 16.30 e 18 h
Obradoiro para toda a familia
Silforiña. Golfiños
Sala Mozart. 17 h
Estrea musical. Familiar
Historias desde o outro lado da raia. Dani Blanco
Sala de exposicións, 17 h
Contos. Familiar
A pallasa Pallasini. Olga Abad
Sala de exposicións, 18 h
Contos. Familiar
30 anos cantando con Migallas
Sala Ángel Brage. 19 h
Concerto familiar
Música, xogos, contos, danza, recursos…, moitas propostas para achegarmos a crianza á cultura e ao lecer en galego durante a última festa do ano.