Tachán!

Dous xoves do mes/ 18 h / Espazo Apego
Contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.
Xoves 15. “Alquimista”, de Cristina Collazo (de 3 a 6 anos)
Entre pocións, plantas e libros moran acubilladas as nosas protagonistas: Flora, Dauro e a Gata Simoniña! Foron aprendices do Mago Merlín na máxica e mítica selva de Esmelle e alí, usando procedementos experimentais e mesturas explosivas, practican a chamada ALQUIMIA MODERNA!
A Don Merlín non lle facía moita graza estas prácticas tan modernas pero elas continuaron cos seus procesos ata conseguir fabricar o SUPERCONVERTEDOR! Un aparello que converte cousas fake en cacharros de verdade que realmente molan!
O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior á actividade. As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez que se cerrou o prazo.
Para anular a praza ou calquera outra incidencia cómpre enviar un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal.
Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.
O xoves acollemos no Espazo Apego algúns dos artistas referentes da rapazada.
O 15 de outubro teremos a Cristina Collazo con "Alquimista".