Co obxectivo de fomentar a creación nas redes sociais en galego con temáticas e formatos diversos, así como promover e visibilizar os diferentes perfís de persoas xeradoras de contidos na Rede, convócase unha nova edición dos premios Youtubeiras+.
Actividades do programa Apego no parque de Bonaval todos os martes de agosto ás 18 h (na plataforma dos arcos)
Roscas, festas, celebracións... Unha chea de propostas no mes máis luminoso para a lingua
Queres sumarte ao voluntariado da lingua? Queres formar unha parella lingüística? Súmate aos ELOS
O 25 de abril, a partir das 10 h, na Casa da Cultura de Bertamiráns (Ames) será a final do Club de Debate Alingua do curso 2025-2026.
O xoves acollemos no Espazo Apego algúns dos artistas referentes da rapazada.
O 15 de outubro teremos a Cristina Collazo con "Alquimista".
O sábado 7 de febreiro entregáronse os Premios Youtubeir@s+ 2025 durante a agardada gala anual, desta volta, no Teatro Xofre de Ferrol. O evento, ao que asistiron representantes das 28 canles finalistas, foi guiado por Leila Fernández (membro da canle O faiado pódcast) e Carlos Vieito (integrante do proxecto Exército Mekemeke) e contou coa actuación de DJ Russ.
As actividades do programa Apego xa teñen os formularios de inscrición abertos!
Durante o mes en que a tradición di que casan os paxariños, no Espazo Apego somerxémonos de cheo na nosa cultura popular. O primeiro e o terceiro luns deste mes elaboramos unha receita entroideira ben saborosa en Merendolas! Ademais, os xoves desta candeloria serán do máis cantareiros con dúas actuacións con moitos contos, cantos e recitados na nosa lingua e tamén cun obradoiro de artes plásticas ben entretido.
Estreamos este ano 2026 seguindo o ronsel da Estrela do Nadal no concello de Santiago de Compostela cun mes de xaneiro concienciado co medio e coa natureza do noso territorio.
No Espazo Apego retomamos as actividades o luns 12, logo da volta á escoliña, elaborando unha receita ben saborosa con froitas de tempada, tanto en versión doce coma salgada. Os xoves de Tachán! traerán dúas propostas cheas de arrolos, de música e de elaboración de instrumentos coa Fundación Legar os días 15 e 29.