Mensaxe de erro

Notice: Undefined index: localized_options en menu_navigation_links() (liña 1873 de /www/drupal7_santiagodecompostela.gal/www/includes/menu.inc).

As actividades do Apego en xullo

Crianzas
29/06/2026

“Entre marzo e abril sae o cuco do cubil, e entre san Xoán e a sega marcha o cuco para a súa terra”

Estamos no verán! Días longos e tempo de lecer: baños refrescantes no río, no mar ou na piscina, paseos polos parques do noso concello e unha chea de actividades no Espazo Apego.

Este mes teremos dous espazos Merendolas: o primeiro luns deste mes elaboraremos o doce máis coñecido de Compostela, a torta de Santiago, e no terceiro prepararemos un menú de pícnic. Os xoves de Tachán! traerán dúas propostas especiais para os e as máis pequechas da casa: Iván Dávila o día 2 e Raquel Queizás o 16.

Todas as actividades propostas requiren inscrición previa cubrindo cadanseu formulario. O día anterior recibiredes un correo coa confirmación da praza, cando remate o prazo para inscribirvos.

A lingua medra

Luns / 17 h / Espazo Apego

.............................................................

Os diferentes contextos da vida teñen o seu espazo cada luns arredor do xogo, da experimentación, do coñecemento… Cada semana o enfoque será diferente: cociñarase no espazo Merendolas; a psicomotricidade será a guía en Movéndonos con Apego; e a ciencia será a protagonista en Experimentamos.

De 17 a 19 h para 2-6 anos.

O correo de confirmación da praza neste caso recibirase o venres anterior á actividade, ao rematar o prazo de inscrición.

Luns 6. Merendolas
Inscrición
Luns 13. Movémonos con Apego
Inscrición
Luns 20. Merendolas
Inscrición
Luns 27. Experimentamos
Inscrición
 

Tardes de contos

Martes / 17 e 18.15 h / Espazo Apego

.............................................................

Un tempo para entrar nos contos e imaxinar a partir deles, aprendendo cada vez máis palabras para entender o mundo. As actividades desenvólvense cada semana arredor dun centro de interese diferente, arredor dunha temática mensual e en dous horarios: de 17 a 18 h para 0 a 3 anos e de 18.15 a 19.15 h para 3 a 6 anos.

Martes 7
Inscrición para 0-3, 17 h
Inscrición para 3-6, 18.15 h
Martes 14
Inscrición para 0-3, 17 h
Inscrición para 3-6, 18.15 h
Martes 21
Inscrición para 0-3, 17 h
Inscrición para 3-6, 18.15 h
Martes 28
Inscrición para 0-3, 17 h
Inscrición para 3-6, 18.15 h
 

Enredando e lingoretando

Mércores / 17 h / Espazo Apego

.............................................................

Un espazo de entretemento activo arredor do xogo, libre ou guiado. A socialización en galego é o obxectivo e a imaxinación e os valores da amizade e a cooperación serán as ferramentas. A actividade contará con dous grupos diferenciados: para 3-6, sen acompañamento dunha persoa titora, e para 0-3 con acompañamento.

Nos dous casos o horario será de 17 a 19 h. Iranse incorporando temas e materiais relacionados coas festividades, o medio natural, a contorna inmediata etc., para propiciar a interacción.

Mércores 1. Xogamos coas palabras
Inscrición para 0-3
Inscrición para 3-6
Mércores 8. Fabricamos xoguetes
Inscrición para 0-3
Inscrición para 3-6
Mércores 15. Imos ao patio
Inscrición para 0-3
Inscrición para 3-6
Mércores 22. Xincana de palabras
Inscrición para 0-3
Inscrición para 3-6
Mércores 29.Fabricamos xoguetes
Inscrición para 0-3
Inscrición para 3-6

Tachán!

Dous xoves do mes/ 18 h / Espazo Apego

.............................................................

Contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.

Xoves 2. "Que mundo é este", de Iván Dávila (de 0 a 3 anos)

Contos para os máis cativos e cativas onde a través de estímulos visuais, auditivos e espaciais, se mergullarán en historias de simpáticos personaxes que, coma eles, están a descubrir o mundo que os rodea...

Libros recomendados: Despois da chuvia de Miguel Cerro e Lúa de Antonio Rubio.

Inscrición

Xoves 16. "Romaría. Contos e lendas da nosa terra", de Raquel Queizás (de 3 a 6 anos)

Un espectáculo de narración oral onde as nosas lendas tradicionais achegan o mundo rural e antigo aos rapaces e rapazas, descubríndolles un modo de vida descoñecido.

Queliña, unha  nena da aldea, ten que rematar de apañar as patacas para que a deixen ir á romaría. Alí quedou cos amigos para brincar, bailar e facer carreiras de sacos. Cara á tardiña, antes de que remate a festa, todos os rapaces buscan a avoa Tareixa para que lles conte lendas, lendas para perder o medo.

Inscrición

Resumo: 

As actividades de xullo