Mensaxe de erro

Notice: Undefined index: localized_options en menu_navigation_links() (liña 1873 de /www/drupal7_santiagodecompostela.gal/www/includes/menu.inc).

En abril no Espazo Apego

Crianzas
26/03/2026

Estamos en primavera! Os días son xa longos e apetece gozar da natureza ou dos parques urbanos. Mais hai tempo tamén para as actividades que vos ofrece o Espazo Apego para que as crianzas socialicen na nosa lingua.

Lembrade anotarvos cubrindo os formularios aos que podedes acceder desde esta mesma folla. O día anterior recibiredes o correo coa confirmación da praza, cando remate o prazo para inscribirvos.

A lingua medra

Luns / 17 h / Espazo Apego

Os diferentes contextos da vida teñen o seu espazo cada luns arredor do xogo, da experimentación, do coñecemento… Cada semana o enfoque será diferente: cociñarase no espazo Merendolas; a psicomotricidade será a guía en Movéndonos con Apego; e a ciencia será a protagonista en Experimentamos. De 17 a 19 h para 2-6 anos. O correo de confirmación da praza neste caso recibirase o venres anterior á actividade, ao rematar o prazo de inscrición.

Luns 6. Merendolas    -   Inscrición

Luns 13. Movéndonos con Apego -  Inscrición

Luns 20. Merendolas -   Inscrición

Luns 27. Experimentamos -  Inscrición

 

Tardes de contos

Martes / 17 e 18.15 h / Espazo Apego

Un tempo para entrar nos contos e imaxinar a partir deles, aprendendo cada vez máis palabras para entender o mundo. As actividades desenvólvense cada semana arredor dun centro de interese diferente, arredor dunha temática mensual e en dous horarios: de 17 a 18 h para 0 a 3 anos e de 18.15 a 19.15 h para 3 a 6 anos.

Martes 7                                                                                                           

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 14

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 21

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 28

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

 

Enredando e lingoretando

Mércores / 17 h / Espazo Apego

Un espazo de entretemento activo arredor do xogo, libre ou guiado. A socialización en galego é o obxectivo e a imaxinación e os valores da amizade e a cooperación serán as ferramentas. A actividade contará con dous grupos diferenciados: para 3-6, sen acompañamento dunha persoa titora, e para 0-3 con acompañamento. Nos dous casos o horario será de 17 a 19 h. Iranse incorporando temas e materiais relacionados coas festividades, o medio natural, a contorna inmediata etc., para propiciar a interacción.

Mércores 8. Xogamos coas palabras

Inscrición para 0-3

Inscrición para 3-6

Mércores 15. Fabricamos xoguetes

Inscrición para 0-3

Inscrición para 3-6

Mércores 22. Imos ao patio

Inscrición para 0-3

Inscrición para 3-6

Mércores 29. Xincana de palabras

Inscrición para 0-3

Inscrición para 3-6

 

Tachán!

Dous xoves do mes/ 18 h / Espazo Apego

Contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.

Xoves 16. “As máis molonas”, de Pakolas (de 2 a 6 anos)

Un espectáculo que recolle as canción máis aclamadas polo público infantil rockeiro, cantadas e contadas  Pakolas guiaranos coa súa forza interpretativa e o seu humor por todo un universo musical, a través da súa voz e da guitarra, polas mellores cancións dos seus discos-libro editados na colección Sonárbore, de Galaxia, e ilustrados por Laura Romero:

“Pakolas” 2017

“Ramona Órbita, a dona do tempo” 2020

“A Ramona pequena vai á Lúa” 2023

Inscrición

Xoves 23. “Contos nas orellas”, de Bea Campos (de 0 a 3 anos)

Como te chamas?
Comecastañas.
“Eu como e ti apañas”

Contos de risa, trasnos e carapuchiñas perfectos para os días de festa. A tradición oral da man da literatura infantil. Co ritmo das ondas no noso maxín, entraremos no mundo da fantasía e da imaxinación…

Inscrición

Resumo: 

Programa de actividades para a cativada con inscrición previa