Actividades de meeedo no Espazo Apego!

NO SAMAÍN COMÍN CASTAÑAS DO MAGOSTO QUE NON SE COMEN EN AGOSTO
Este mes, a cociña do Espazo Apego énchese de maxia, misterios e moita diversión! Ao longo destas dúas xornadas, as crianzas e as súas familias converteranse en pequenas meigas e feiticeiros da cociña para elaborar receitas terrorificamente deliciosas inspiradas no Samaín.
Os xoves de Tachán! traerán dúas propostas cheas de contos e música coa Compañía de Teatro Ghazafelhos o día 12 e con Brais das Hortas o 26. Todas as actividades propostas desenvólvense con inscrición previa cubrindo cadanseu formulario. O día anterior sobre as 12 h recibirase un correo coa confirmación da praza, xusto despois de rematar o prazo de inscrición.
A lingua medra
Luns / 17 h / Espazo Apego
Os diferentes contextos da vida teñen o seu espazo cada luns arredor do xogo, da experimentación, do coñecemento… Cada semana o enfoque será diferente: cociñarase no espazo Merendolas, a psicomotricidade será a guía en Movéndonos con Apego e a ciencia será a protagonista en Experimentamos. De 17 a 19 h para 2-6 anos. O correo de confirmación da praza neste caso recibirase o venres anterior á actividade, ao rematar o prazo de inscrición.
Non esquezades indicar no formulario de inscrición das Merendolas as intolerancias alimentarias.
Luns 2. Merendolas
Luns 9. Movéndonos con Apego
Luns 16. Merendolas
Luns 23. Experimentamos
Luns 30. Movémonos con Apego
Tardes de contos
Martes / 17 e 18.15 h / Espazo Apego
Un tempo para entrar nos contos e imaxinar a partir deles, aprendendo cada vez máis palabras para entender o mundo. As actividades desenvólvense cada semana arredor dun centro de interese diferente, arredor da temática mensual e en dous horarios: de 17 a 18 h para 0 a 3 anos e de 18.15 a 19.15 h para 3 a 6 anos.
Martes 3
Martes 10
Martes 17
Martes 24
Enredando e lingoretando
Mércores / 17 h / Espazo Apego
Un espazo de entretemento activo arredor do xogo, libre ou guiado. A socialización en galego é o obxectivo e a imaxinación e os valores da amizade e a cooperación serán as ferramentas. Iranse incorporando temas e materiais relacionados coas festividades, o medio natural, a contorna inmediata etc., para propiciar a interacción.
A actividade contará con dous grupos diferenciados: para 3-6, sen acompañamento dunha persoa titora, e para 0-3 con acompañamento. Nos dous casos o horario será de 17 a 19 h.
Mércores 4. Xogamos coas palabras
Mércores 11. Fabricamos xoguetes
Mércores 18. Imos ao patio
Mércores 25. Xincana de palabras
Tachán!
Dous xoves do mes / 18 h / Espazo Apego
Contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.
Xoves 12. “Contamos contos de lobos?”, da Compañía de Teatro os Ghazafelhos (de 3 a 6 anos)
Un espectáculo no que a participación activa do público e unha alta porcentaxe de imporvisación colectiva son os ingredientes fundamentais. Dúas personaxes, Mon e Pe, achéganse ao público para contar distintas historias populares onde hai lobos como protagonistas. Facendo unha escolla “aleatoria” de propostas como a Carapuchiña, os tres porquiños, Pedro e o Lobo... proporemos interpretar esas historias coa axuda das nenas e nenos do público.
Xoves 26. “Contos para caghar patatillas”, de Brais das Hortas (de 2 a 6 anos)
Quen ten cu ten medo! E iso non é malo: é normal. Valente non é quen non ten medo, senón quen é capaz de enfrontar o seu propio medo. Diso falan os contos de Brais das Hortas, cheos de música, de humor, de efectos especiais, de participación do público, baile, construción de instrumentos de refugallo e moito máis. Un espectáculo para morrer de medo… ou de risa!
Actividades infantis de novembro no Espazo Apego.