Mensaxe de erro

Notice: Undefined index: localized_options en menu_navigation_links() (liña 1873 de /www/drupal7_santiagodecompostela.gal/www/includes/menu.inc).

Volta en setembro ao Espazo Apego!

Arco da vella e follas
Crianzas
28/08/2025

Volta ao cole e tamén ao Espazo Apego! As vacacións acaban, pero comezamos un curso novo con moita ilusión. Xa sabedes que as actividades do Apego son un lugar de encontro para compartir as vivencias e as emocións e vivir novas experiencias a través da lingua galega, así que vos convidamos a vivir un setembro de reencontros no Espazo Apego. Benvidas e benvidos de novo!

Este mes teremos dous espazos Merendolas: o primeiro luns deste mes elaboraremos uns animaliños con dúas froitas propias deste tempo, uvas e mazás, e no último prepararemos unhas tartaletas moi saborosas con verdura de tempada. Os xoves de Tachán! traerán dúas propostas especiais para os e as máis pequechas da casa: Marta Ortiz e Brais das Hortas o día 11 e Sole Felloza o 25.

Todas as actividades propostas se desenvolven con inscrición previa cubrindo cadanseu formulario. O día anterior sobre as 12 h recibirase un correo coa confirmación da praza, xusto despois de rematar o prazo de inscrición.

A lingua medra

Luns / 17 h / Espazo Apego

Os diferentes contextos da vida teñen o seu espazo cada luns arredor do xogo, da experimentación, do coñecemento… Cada semana o enfoque será diferente: cociñarase no espazo Merendolas, a psicomotricidade será a guía en Movéndonos con Apego e a ciencia será a protagonista en Experimentamos. De 17 a 19 h para 2-6 anos. O correo de confirmación da praza neste caso recibirase o venres anterior á actividade, ao rematar o prazo de inscrición.

Luns 1. Merendolas: ourizos de uvas e mazás

Inscrición

Luns 8. Movéndonos con Apego

Inscrición

Luns 15. Quen vén? Xogos e cantos para o recreo

Inscrición

Luns 22. Experimentamos

Inscrición

Luns 29. Merendolas: tartaletas de espinacas con queixo

Inscrición

Tardes de contos

Martes / 17 e 18.15 h / Espazo Apego

Un tempo para entrar nos contos e imaxinar a partir deles, aprendendo cada vez máis palabras para entender o mundo. As actividades desenvólvense cada semana arredor dun centro de interese diferente, arredor da temática mensual (en maio, por Compostela e o mundo) e en dous horarios: de 17 a 18 h para 0 a 3 anos e de 18.15 a 19.15 h para 3 a 6 anos.

Martes 2

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 9

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 16

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 23

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 30

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Enredando e lingoretando

Mércores / 17 h / Espazo Apego

Un espazo de entretemento activo arredor do xogo, libre ou guiado. A socialización en galego é o obxectivo e a imaxinación e os valores da amizade e a cooperación serán as ferramentas. Iranse incorporando temas e materiais relacionados coas festividades, o medio natural, a contorna inmediata etc., para propiciar a interacción.

A actividade contará con dous grupos diferenciados: para 3-6, sen acompañamento dunha persoa titora, e para 0-3 con acompañamento. Nos dous casos o horario será de 17 a 19 h.

Mércores 3. Xogamos coas palabras

Inscrición para 0-3

Inscrición para 3-6

Mércores 10. Fabricamos xoguetes

Inscrición para 0-3

Inscrición para 3-6

Mércores 17. Imos ao patio

Inscrición para 0-3

Inscrición para 3-6

Mércores 24. Xincana de palabras

Inscrición para 0-3

Inscrición para 3-6

Tachán!

Dous xoves do mes/ 18 h / Espazo Apego

Contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.

Xoves 11. “Onde nace a lingua”, de Marta Ortiz e Brais das Hortas (de 2 a 6 anos)

Onde nace a lingua é unha proposta que xorde da colaboración entre a narradora oral Marta Ortiz e o filólogo Brais Gutiérrez, que mestura narración oral, xogos fonéticos, cantos, trabalinguas e explicación filolóxicas co obxectivo de dotar de recursos e ferramentas para asentar a nosa lingua nos e nas máis pequechas dunha maneira moi entretida.

Inscrición

Xoves 18. Obradoiro de arte urbana, con 7hcoop (de 3 a 9 anos)

Dentro do Festival Delas Fest, o Espazo Apego acolle este obradoiro para familias con crianzas entre 3 anos e 9 anos onde coñecerán e experimentarán cos materiais e ferramentas propias da arte urbana contextual mentres se traballará de xeito interxeracional durante todo o proceso.

Empregaranse pinturas e sprais con base de auga, evitando así a toxicidade doutros disolventes. Recoméndase asistir con roupa cómoda, que se poida manchar e non sexa moi delicada.

Inscrición

Xoves 25. “Contiños e xogos de Lup”, de Sole Felloza (de 0 a 4 anos)

Seguen as aventuras do noso amigo Lup. Cando chove ou fai frío, o noso lobo queda na casa, pero non se aburre: ten moitos contos e o tempo para xogar no colo cos dediños, coas mans, aprender trabalinguas, adiviñas e cantigas.

Inscrición

Resumo: 

Volta ao cole e tamén ao Espazo Apego! Benvidas e benvidos de novo!