Mensaxe de erro

Notice: Undefined index: localized_options en menu_navigation_links() (liña 1873 de /www/drupal7_santiagodecompostela.gal/www/includes/menu.inc).

Convocatoria dos obradoiros de acollemento lingüístico. Outono 2025

OAL outono 2025
Xeral
15/08/2025

Ábrese o prazo de inscrición para dous obradoiros de acollemento lingüístico (nivel iniciación e nivel continuación) dirixidos a persoas doutras comunidades lingüísticas que se achegan por primeira vez ao galego (nivel iniciación) ou que xa realizaron unha primeira achega e que desexan continuar a súa formación en lingua galega (nivel continuación).

A duración de cada un deles é de 36 horas distribuídas en dúas sesións á semana. A inscrición é gratuíta e está aberta ata o luns 8 de setembro ás 12.00 h. Unha vez que finalice o prazo de inscrición, as persoas admitidas (25 en cada obradoiro) recibirán a confirmación no correo electrónico que indicasen na inscrición.

As clases serán presenciais no Espazo Apego (rúa da República do Salvador, 12) e tanto o obradoiro de iniciación como o de continuación desenvolveranse nas mesmas datas:

  • setembro: 10, 15, 17, 22, 24, 29
  • outubro: 1, 6, 8, 13, 15, 20, 22, 27, 29
  • novembro: 5, 10, 12, 17, 19, 24, 26
  • decembro: 1, 3

 

OBRADOIROS DE ACOLLEMENTO LINGÜÍSTICO - OUTONO 2025
Iniciación (mañá) Continuación (tarde)
Luns e mércores de 11 a 12.30 h Luns e mércores de 19.30 a 21.00 h
25 prazas 25 prazas
Inscrición neste formulario ata o 8 de setembro ás 12.00 h Inscrición neste formulario ata o 8 de setembro ás 12.00 h

 

Resumo: 

OAL - Convocatoria do outono 2025