Case 100 rapaces e rapazas, de 9 equipos procedentes de Ames, Teo e Santiago, debaten sobre o uso dos dispositivos móbiles nos centros de ensino durante xornada comarcal do Club de Debate.
O Concello de Santiago desenvólveo desde o seu comezo (2015) nas tres vías en que se fundamenta: achégalles información e argumentos ás familias que se inscriben, apóiaas con actividades e recursos e crea redes e comunidade con valores que promoven a lingua.
Do 1 de abril ao 3 de maio desenvolveranse 19 obradoiros en centro de ensino que animarán a participación no certame Enreguéifate.
Todos os mércores, de 18 a 19.30 h, entre o 13 de marzo e o 26 de xuño, contaremos cun novo espazo de xogo para a cativada no que experimentar a normalidade de se relacionar en galego: as Tardes Xogantinas, na ludoteca María Miramontes das Fontiñas.
A programación dos diferentes departamentos municipais que divulga o Apego este bimestre proponnos reflexionar sobre valores importantes na crianza como a igualdade entre homes e mulleres.
Quince concellos galegos asistiron á asemblea de constitución en Compostela e aprobaron os seus estatutos.
Bota a andar a terceira edición de Youtubeir@s, un proxecto organizado polos servizos de normalización lingüística de trece concellos, entre eles o de Santiago, as tres universidades galegas e a Deputación da Coruña.
Ata o 27 de setembro é posible inscribir vídeos nas categorías video-facermos, video-opinarmos e video-cantarmos. E tamén é posible presentar a #propostayoutubeira. vídeo-facermos, vídeo-opinarmos, canle e vídeo-cantarmo vídeo-facermos, vídeo-opinarmos, canle e vídeo-cantarmo