Comeza un outono con moito Apego
AS SETE PORTAS é un bo título para un conto, non vos parece? Este comezo de outono traémosvos unha actividade para facerdes en familia que ben se pode encetar cun conto: "Hai moitos, moitos anos, a cidade de Compostela estaba protexida por unha alta muralla..." Neste punto as crianzas han estar cos ollos moi abertos e devecendo por saber máis. Animámosvos a que continuedes o relato percorrendo os restos deste vello cercado. Seredes quen de atopar as sete portas que conectaban o interior da cidade co rural?
Alén desta actividade libre, propoñémosvos participardes da programación que o Concello lle dirixe á infancia nos vindeiros meses de setembro e outubro de teatro, obradoiros, música, monicreques, xogo...
- Comeza o novo curso escolar e Raquel Queizás acomapañará a súa ra Nano nesta gran aventura en Nano vai á escola!
- Diferentes obradoiros axudarannos a interactuar coas nosas crianzas introducindo a música (Crianza musical con Leticia Falcón), a danza (Danza creativa en familia con Xanzá) ou os cantos de berce (Arrolos para acolar con Ugia Pedreira).
- O laboratorio xogantín seguirá traballando a socialización en galego de xeito lúdico nas Tardes xogantinas de outono con Xandobela.
- Comezará unha nova edición dos 12 Doces do Outono para traer pezas musicais e teatrais aos centros socioculturais do rural como Os romeiros do caracol de Fantoches Baj, Canta, miña pedra, canta de Xoán Curiel e Charo Pita ou Contos para un mundo mellor de Gloria Mosquera e Diego Maceiras.
- O xa tradicional Festival Internacional Galicreques celebrará a súa XXIV edición e traerá monicreques a diversos lugares composteláns.
Préstavos?lentelloula
En apego.santiagodecompostela.gal atopades toda a información e tamén podedes mirala no folleto deste bimestre.
Activiades infantís para setembro e outubro