Sesións do Conto viaxeiro 2019

Crianzas
Ensino
28/04/2019

Entre o 2 de maio e o 20 de xuño van ter lugar 14 obradoiros en centros de ensino, durante os cales nenos e nenas de 4º de primaria se converterán nos creadores dun conto colectivo.

Cada obradoiro componse de dúas sesións de 90 minutos e desenvólvese no propio centro en horario lectivo.

Na convocatoria 2019 acolléronse todas as solicitudes formuladas e resultou a seguinte distribución:

  • CEIP Lamas de Abade, 4º A. 9.30 a 11 h.  2 e 6 de maio.
  • CEIP Lamas de Abade, 4º B. 11.30 a 13 h. 2 e 6 de maio.
  • CEIP Vite. 4º A. 10.30 a 12 h. 10 e 24 de maio.
  • CEIP Vite. 4º B. 12.30 a 14 h. 10 e 24 de maio.
  • Colexio Vilas Alborada. 10 a 11.30 h. 20 e 21 de maio.
  • CEIP Rodríguez Xixirei. 12.30 a 14 h. 21 de maio e 4 de xuño.
  • Colexio San Jorge. 9.15 a 10.45 h. 28 de maio e 4 de xuño.
  • CEIP Monte dos Postes. 4º B. 12.30 a 14 h. 3 e 10 de xuño.
  • CEIP Monte dos Postes. 4º A. 12.30 a 14 h. 6 e 19 de xuño.
  • Colexio Cluny. 4º A. 10 a 11.30 h. 12 e 13 de xuño.
  • Colexo Cluny. 4º B. 12 a 13.30 h. 13 e 14 de xuño.
  • CEIP Ramón Cabanillas. 4º A. 9.30 a 11 h. 14 e 18 de xuño.
  • CEIP Ramón Cabanillas. 4º B. 9.30 a 11 h. 19 e 20 de xuño.
  • Colexio San Pelayo. 12 a 13.30 h. 18 e 20 de xuño.

O Conto viaxeiro pretende promover a expresión e a expresividade en galego, ao tempo que achega aos escolares á literatura oral escrita e estimula a súa creatividade artística. Os nenos e nenas son orientados por monitores expertos que achegan os contidos e guían a construción do texto. O fío condutor do conto desta edición é o acoso lingüístico. O primeiro grupo inicia a historia, que logo continúa en cada unha das seguintes sesións e con outros grupos ata completar a narración. Os nenos e nenas tamén se encargan de facer os debuxos para ilustrar a parte sobre a que traballaron, e elixen cal das ilustracións creadas na sesión anterior vai estar no conto definitivo.

Ao rematar, o conto elaborado será editado e publicado en papel e en formato dixital. Os centros participantes recibirán, ao comezo do vindeiro curso, os exemplares necesarios para que cada neno ou nena autor/a teña o seu e para que estea dispoñible na biblioteca.

O blog contoviaxeiro.santiagodecompostela.gal vai dando conta do avance do proxecto e permite acceder aos contos de anos anteriores, que aboraron diferentes temáticas nas que, de xeito transversal se incluíu a promoción do uso do galego. Neste mesmo espazo tamén se publican o total das ilustracións que se van creando, imaxes das sesións e, finalmente, unha versión en vídeo do conto.

Resumo: 

Entre o 2 de maio e o 20 de xuño van ter lugar 14 obradoiros en centros de ensino, durante os cales nenos e nenas de 4º de primaria se converterán nos creadores dun conto colectivo.