O misterio de Orodipel, novo conto viaxeiro 2019

Crianzas
Ensino
23/10/2019

Uns 350 nenos e nenas, de 4º curso de primaria de varios centros de Santiago, son os autores do conto viaxeiro 2019.

Participaron 14 grupos-aula dos CEIP Lamas de Abade, Vite, Rodríguez Xixirei, Monte dos Postes e Ramón Cabanillas e dos colexios San Jorge, Cluny, Vilas Alborada e San Pelayo-Enma. Con cada un destes grupos realizáronse dúas sesións na que se traballou sobre o tema do acoso lingüístico e se puxeron en práctica habilidades e coñecementos relacionados coa creación e a ilustración dos contos. Cada un dos grupos elababorou unha parte da historia, que se foi compoñendo, parada a parada, ata dar no texto que agora todos e todas podemos ler. Tamén deseñaron ilustracións para o anaco do relato que estaban creando, de entre as que os protagonistas da parada seguinte desta viaxe elixiron a preferida, a que agora aparece na edición final. 

Do percorrido, de todo o traballo que fixeron e tamén de máis contidos, dá conta o blog do programa, onde se atopa o conto en formato dixital

Resumo: 

Xa está dispoñible en versión dixital o conto viaxeiro de 2019