Conto viaxeiro

WEB
Crianzas
Ensino

O conto viaxeiro é a oportunidade de converternos en autores e autoras dunha historia colectiva.

 

Durante a hora e media que dura cada sesión, os nenos e nenas dun grupo-aula traballan sobre os diferentes elementos dun conto e constrúen o textos e as ilustracións dunha historia que van medrando en cada nova sesión. Ao remate do itinerario temos un conto de autoría colectiva e durante o traxecto vaise dando conta do avance no blog da actividade.

 

Cada participante recibe o seu exemplar en papel e a versión dixital do libro está dispoñible para todos e todas no blog. Alí tamén se poden ver todas as ilustracións creadas polos nenos e nenas, imaxes de cada sesión e un vídeo onde se narra a historia que elaboraron.

 

Cada sesión é autónoma e inclúe contidos relacionados coa tradición literaria oral e escrita e coa nosa contorna cultural e natural.

 

Desde o Departamento de Lingua enviamos aos centros o aviso da convocatoria, cun calendario inicial de sesións dentro das cales cada centro solicita o(s) día(s) preferidos e o horario máis acaído. Unha vez recibidas as inscricións distribúense as sesións segundo a orde de chegada das solicitudes e procurando encaixalas coas preferencias que sinalen e co obxectivo de chegar ao máximo de centros.

 

O calendario resultante envíase de novo aos centros para confirmar a realización das sesións.

Dirixido a: 

Grupos-aula de 1º a 4º de educación primaria (segundo cada convocatoria)