Aberto o prazo para participar no Enreguéifate 2019

Xeral
01/04/2019

Do 1 de abril ao 10 de xuño está aberto o prazo para participar cunha regueifa en vídeo no Enreguéifate 2019.

O programa está aberto a calquera persoa que desexe compartir a súa agudeza dialéctica, xa que a convocatoria inclúe unha categoría escolar e outra xeral.  Os vídeos, cunha duración máxima de 3 minutos, poden tratar calquera temática e estaren en calquera formato, sempre que permitan apreciar claramente as persoas participantes, que han ser, cando menos, dúas.

Dentro de cada categoría establécense os seguintes premios simbólicos:

- Á regueifa máis brava

- Á regueifa máis aguda

- Á regueifa máis diversa

- Á regueifa máis reivindicativa

- Á regueifa mellor cantada

- Á regueifa mellor falada

Para participar cómpre enviar os vídeos a través da web do Enreguéifate, xunto co formulario que se atopa na propia páxina cuberto.

 

Resumo: 

Entre o 1 de abril e o 10 de xuño pódense enviar os vídeos para participar no certame.