Subvencións á comunicación comercial en galego

Empresas
16/10/2019

Os departamentos de Comercio e Lingua convocan conxuntamente subvencións dirixidas, preferentemente, ao comercio e abertas ao resto do tecido empresarial.

A convocatoria inclúa dúas liñas. A primeira, destínase ao acondicionamento dos establecementos (obras que melloren a distribución, funcionalidade, accesibilidade, sostibilidade ou atractivo comercial), á implantación de tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) e á dotación de equipamentos ou doutras tecnoloxías para mellorar a competitividade.

A segunda céntrase na comunicación comercial e diríxese a colaborar cos gastos que xere o deseño e a produción de calquera recursos comunicativo en lingua galega (material corporativo, campañas publicitarias, rotulación dos establecementos, eventos de promoción...).

Tendo en conta que o galego é a lingua maioritaria da poboación compostelá e que o seu uso na comunicación comercial é favorablemente acollido e valorado, estas liñas de axuda procuran impulsar que os negocios se incorporen a ela ao mesmo tempo que melloran a súa presentación no mercado.

Estas subvencións completan o ciclo iniciado cos cheques de consultoría, que lles ofrecen ás empresas a posibilidade de contar con asesoramento profesional para analizaren e planificaren as actuacións máis adecuadas a cada caso.. Durante este exercicio 2019 ofrecéronse por primeira vez estes “cheques” nas dúas liñas (acondicionamento e comunicación) como parte do programa “Coidar para mellorar. Mellorar para coidar” que agora se completa e que ten previsto continuar en vindeiros anos para que as empresas poidan obter colaboración en cada unha das fases dos procesos de mellora.Anexo II

Beneficiarios, gastos subvencionables e solicitudes

Son subvencionables os gastos, cun mínimo de 600 euros, realizados e pagados entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2019, sempre que se adecúen ás bases da convocatoria. As cantidades as subvencións asignaranse en función das solicitudes que se presenten e dos puntos que obteñan, non podendo superar, en calquera caso, o 80% do gasto. A contía máxima é de 5.000 euros en cada unha das liñas, que son compatibles entre si.

Na convocatoria teñen preferencia os comAnexo IIAnexo IIAnexo IIercios polo miúdo, do municipio de Santiago de Compostela, cuxa actividade principal estea incluída nalgunha das epígrafes marcadas nas bases. Se non se cobren os fondos dispoñibles, poderán tamén optar outro tipo de empresas.

O prazo para presentar as solicitudes comeza ao día seguinte da publicación da convocatoria no BOP da Coruña, é dcir, o 16 de outubro, e remata o 31 de outubro.

Toda a información nas bases da convocatoria.
 

Resumo: 

O programa “Coidar para mellorar, mellorar para coidar” destina 40.000 euros a subvencións a tecido empresarial