
Apego é un programa de dinamización sociolingüística que busca incrementar a porcentaxe de nenos e de nenas que reciben o galego desde o berce e que promove e apoia o seu uso na socialización.
Desenvólvese colaborativamente entre varios concellos para lograr que a nosa lingua estea presente de maneira integral no contexto familiar e social en que viven os nenos e nenas, desde o nacemento ata que comezan a etapa escolar.
Apego procura facilitar información e argumentos positivos....
- cando as familias nos visitan para adherirse ao programa
- no material que inclúe a caixa que lles entregamos ao se inscribiren
- a través das canles de comunicación que mantemos
Apego achega recursos para a socialización en galego...
- colaborando a que se coñezan os que están dispoñibles
- creando outros novos
- promovendo que outras entidades se sumen a este obxectivo
Apego crea redes e comunidade....
- pon en contacto moita xente e moitas entidades
- facilita o encontro entre familias que están interesadas na crianza en galego
- promove a colaboración de xeito transversal cos obxectivos do programa
Apego arroupa a crianza en galego...
- informando de convocatorias, espazos, materiais etc.
- promovendo e programando actividades que faciliten a socialización
- ofrecendo recursos e formación aos profesionais que traballan cas nenas e nenos
Familias con crianzas de 0 a 6 anos.
Co fin de que a información chegue de maneira máis efectiva, todas as familias que estean agardando un bebé ou teñan crianzas ata 6 anos poden adherirse ao programa. Para facelo cómpre que visiten o Departamento de Lingua Galega cun anaco de tempo para manter unha pequena entrevista na que lles entregamos a caixa de benvida. É necesario concertar a cita e pódese facer enviando un correo a dlg@santiagodecompostela.gal ou cubrindo esta ficha.
Novas:
O Festival do Apego desde a pantalla
O 27 de decembro temos unha cita no Festival do Apego 2020
Actividades novembro e decembro (2020)
Comeza o outono con Apego (actividades setembro e outubro 2020)
Nova proposta de actividades infantís para o verán (2020)
Volven as actividades do Apego xuño 2020
Unha gran festa para moito pequeno público
Actividades con Apego de novembro e decembro (2019)
Actividades con Apego de setembro e outubro (2019)
Actividades con Apego de xullo e agosto (2019)
Actividades con Apego de maio e xuño (2019)