Obradoiros de acollemento lingüístico

OAL - Outono 2025
Xeral

Os obradoiros de acollemento lingüístico son cursos presenciais para achegarse por primeira vez á lingua e comezar a desenvolver as destrezas básicas de comprensión e produción oral e escrita.

 

Diríxense principalmente a persoas que procedan doutras comunidades lingüísticas, mais tamén están abertos a calquera persoa adulta que queira comezar a aprendizaxe do galego.

 

Convócanse en dúas quendas, primavera e outono, e teñen unha duración de 36 horas lectivas, que se distribúen en sesións de unha hora e media cada unha e dous días por semana. 

 

As aulas desenvólvense no Espazo Apego (rúa da República do Salvador, 12 - entresollado). Na última sesión organízase algunha ruta ou visita pola cidade.

 

A inscrición é gratuíta e require unicamente cubrir o formulario asociado a cada quenda. As prazas asígnanse por orde de inscrición ata rematar as 25 dispoñibles en cada obradoiro. Unha vez que remate o prazo de inscrición, confírmanse as prazas por correo electrónico.


CONVOCATORIA OUTONO 2025

 

Os dous obradoiros desenvolveranse nas mesmas datas:

 

  • setembro: 10, 15, 17, 22, 24, 29
  • outubro: 1, 6, 8, 13, 15, 20, 22, 27, 29
  • novembro: 5, 10, 12, 17, 19, 24, 26
  • decembro: 1, 3

OBRADOIROS DE ACOLLEMENTO LINGÜÍSTICO - OUTONO 2025

Iniciación (mañá) Continuación (tarde)
Luns e mércores de 11 a 12.30 h Luns e mércores de 19.30 a 21.00 h
25 prazas 25 prazas
Inscrición neste formulario ata o 8 de setembro ás 12.00 h Inscrición neste formulario ata o 8 de setembro ás 12.00 h

 

 

Dirixido a: 

Persoas procedentes doutras comunidades lingüísticas

Documentos e ligazóns: 

Histórico de convocatorias

2025: primavera e outono

2024: primavera e outono

2023: primavera e outono

2022: primavera e outono

2021: primavera e outono

2020: outono