Obradoiros de acollemento lingüístico

OAL_outono_2024
Xeral
14/08/2024

Convocatoria outono de 2024 dos OAL

Ábrese o prazo de inscrición para dous obradoiros de acollemento lingüístico (nivel iniciación e nivel continuación) dirixidos a persoas doutras comunidades lingüísticas que se achegan por primeira vez ao galego (nivel iniciación) ou que xa realizaron unha primeira achega e que desexan continuar a súa formación en lingua galega (nivel continuación). A duración de cada un deles é de 36 horas distribuídas en dúas sesións á semana. A inscrición é gratuíta e está aberta ata o martes 10 de setembro. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, as persoas admitidas (25 en cada obradoiro) recibirán a confirmación no correo electrónico que indicaron na inscrición.

As clases serán presenciais no Espazo Apego (rúa da República do Salvador, 12). 

 

Obradoiro de continuación (mañás)

Luns e mércores de 11 a 12.30 h

Datas: 16, 18, 23, 25 e 30 de setembro; 2, 7, 9, 14, 16, 21, 23, 28 e 30 de outubro; 4, 6, 11, 13, 18, 20, 25 e 27 de novembro; 2 e 4 de decembro 

Prazas: 25

Inscrición neste formulario ata o martes 10 de setembro

 

Obradoiro de iniciación (tardes)

Luns e mércores de 20 a 21.30 h

Datas: 16, 18, 23, 25 e 30 de setembro; 2, 7, 9, 14, 16, 21, 23, 28 e 30 de outubro; 4, 6, 11, 13, 18, 20, 25 e 27 de novembro; 2 e 4 de decembro 

Prazas: 25

Inscrición neste formulario ata o 10 de setembro

 

 

 

 

Resumo: 

Convocatoria outono 2024