Obradoiros de acollemento lingüístico
Convocatoria de outono de 2023 dos OAL
Ábrese o prazo de inscrición para dous obradoiros de acollemento lingüístico (nivel iniciación e nivel continuación) dirixidos a persoas doutras comunidades lingüísticas que se achegan por primeira vez ao galego (nivel iniciación) ou que xa realizaron unha primeira achega e que desexan continuar a súa formación en lingua galega (nivel continuación). A duración de cada un deles é de 36 horas distribuídas en dúas sesións á semana. A inscrición é gratuíta e está aberta ata o 15 de setembro. Unha vez finalizado o prazo de inscrición, as persoas admitidas (25 en cada obradoiro) recibirán a confirmación no correo electrónico que indicaron na inscrición.
As clases serán presenciais no Espazo Apego (rúa da República do Salvador, 12).
Obradoiro de continuación (mañás)
Luns e mércores de 11 a 12.30 h
Datas: 20, 25 e 27 de setembro; 2, 4, 9, 11, 16, 18, 23, e 25 de outubro; 6, 8, 13, 15, 20, 22, 27 e 29 de novembro; 4, 11, 13, 18 e 20 de decembro
Inscrición neste formulario
Obradoiro de inicio (tardes)
Luns e mércores de 20 a 21.30 h
Datas: 20, 25 e 27 de setembro; 2, 4, 9, 11, 16, 18, 23, e 25 de outubro; 6, 8, 13, 15, 20, 22, 27 e 29 de novembro; 4, 11, 13, 18 e 20 de decembro
Inscrición neste formulario
Convocatoria de outono