
Os obradoiros de acollemento lingüístico son cursos presenciais para achegarse por primeira vez á lingua e comezar a desenvolver as destrezas básicas de comprensión e produción oral e escrita.
Diríxense principalmente a persoas que procedan doutras comunidades lingüísticas, mais tamén están abertos a calquera persoa adulta que queira comezar a aprendizaxe do galego.
Convócanse en dúas quendas, primavera e outono, e teñen unha duración de 36 horas lectivas, que se distribúen en sesións de unha hora e media cada unha e dous días por semana.
As aulas desenvólvense no Espazo Apego (rúa da República do Salvador, 12 - entresollado). Na última sesión organízase algunha ruta ou visita pola cidade.
A inscrición é gratuíta e require unicamente cubrir o formulario asociado a cada quenda. As prazas asígnanse por orde de inscrición ata rematar as 25 dispoñibles en cada obradoiro. Unha vez que remate o prazo de inscrición, confírmanse as prazas por correo electrónico.
CONVOCATORIA OUTONO 2025
Os dous obradoiros desenvolveranse nas mesmas datas:
- setembro: 10, 15, 17, 22, 24, 29
- outubro: 1, 6, 8, 13, 15, 20, 22, 27, 29
- novembro: 5, 10, 12, 17, 19, 24, 26
- decembro: 1, 3
| Iniciación (mañá) | Continuación (tarde) |
|---|---|
| Luns e mércores de 11 a 12.30 h | Luns e mércores de 19.30 a 21.00 h |
| 25 prazas | 25 prazas |
| Inscrición neste formulario ata o 8 de setembro ás 12.00 h | Inscrición neste formulario ata o 8 de setembro ás 12.00 h |
Persoas procedentes doutras comunidades lingüísticas