Mensaxe de erro

Notice: Undefined index: localized_options en menu_navigation_links() (liña 1873 de /www/drupal7_santiagodecompostela.gal/www/includes/menu.inc).

Youtubeiras

WEB
Mocidade
Xeral

Youtubeir@s+ é un programa colaborativo, do que formamos parte con outros concellos e universidades, dirixido a fomentar e visibilizar o uso do galego nas redes sociais máis influentes do momento.

 

A través das accións formativas, da convocatoria dun concurso, dunha gala, da difusión dos audiovisuais en diferentes redes ou da presenza en festivais e actividades de encontro, pulamos por que se creen novos contidos, asentados na nosa realidade e na nosa lingua, e axudamos a que se coñezan os que existen.

 

As bases do certame inclúen premios ben interesantes en varias categorías para dar cabida a case calquera xénero e valorar aspectos concretos como a creatividade, a eficiencia comunicativa, a calidade técnica ou a calidade lingüística. Na categoría #premiodopúblico tamén se premia en cada convocatoria un vídeo proposto polo público que non concorrese directamente ao concurso.

 

Toda a información sobre o proxecto e as diferentes accións está dispoñible en www.youtubeiras.gal.

 

Dirixido a: 

Calquera persoa maior de 16 anos.