Mensaxe de erro

Notice: Undefined index: localized_options en menu_navigation_links() (liña 1873 de /www/drupal7_santiagodecompostela.gal/www/includes/menu.inc).

O cuco veu por acá e...

O cuco veu por acá e marchou por alá, Percubebés
Crianzas

Tachán!

Contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.

Xoves 24. “O cuco veu por acá e marchou por alá”, de Percubebés (de 0 a 4 anos)

Á vez, este espectáculo musical é tamén un obradoiro de percusión para o público bebé e as súas familias. Nesta proposta interveñen Marcelo Dobode e Bea Martínez, dous artistas moi familiarizados coa educación musical na primeira infancia.

Durante o obradoiro as familias aprenden, participan e adquiren ferramentas para a execución musical e, asemade, descobren pequenas cantigas infantís.

Inscrición

O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior á actividade. As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez que se cerrou o prazo.

Para anular a praza ou calquera outra incidencia cómpre enviar un aviso ao noso enderezo habitual dlg@santiagodecompostela.gal.

Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.

Dirixido a : 
Crianzas de 0 a 4 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 24/04/2025 - 18:00
Espazo Apego
Prazas: 
30