Os obradoiros de acollemento lingüístico son cursos presenciais para achegarse por primeira vez á lingua e comezar a desenvolver as destrezas básicas de comprensión e produción oral e escrita.
Diríxense principalmente a persoas que procedan doutras comunidades lingüísticas, mais tamén están abertos a calquera persoa adulta que queira comezar a aprendizaxe do galego.
Convócanse en dúas quendas, primavera e outono, e teñen unha duración de 36 horas lectivas, distribuídas en sesións de unha hora e media cada unha e dous días por semana.
As aulas desenvólvense no Espazo Apego (rúa da República do Salvador, 12 - entresollado). Na última sesión organízase algunha ruta ou visita pola cidade.
A inscrición é gratuíta e require unicamente cubrir o formulario asociado a cada quenda. As prazas asígnanse por orde de inscrición ata rematar as 25 dispoñibles en cada obradoiro. Unha vez rematado o prazo de inscrición confírmanse as prazas por correo electrónico.
CONVOCATORIA OUTONO 2024
Obradoiro de continuación (mañás)
Luns e mércores de 11 a 12.30 h
Datas: 16, 18, 23, 25 e 30 de setembro; 2, 7, 9, 14, 16, 21, 23, 28 e 30 de outubro; 4, 6, 11, 13, 18, 20, 25 e 27 de novembro; 2 e 4 de decembro
Prazas: 25
Inscrición neste formulario ata o 10 de setembro
Obradoiro de iniciación (tardes)
Luns e mércores de 20 a 21.30 h
Datas: 16, 18, 23, 25 e 30 de setembro; 2, 7, 9, 14, 16, 21, 23, 28 e 30 de outubro; 4, 6, 11, 13, 18, 20, 25 e 27 de novembro; 2 e 4 de decembro
Prazas: 25
Inscrición neste formulario ata o 10 de setembro
Persoas procedentes doutras comunidades lingüísticas