O chintófano de Dorothé

Tachán!
Contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.
Xoves 22. “O chintófano de Dorothé”, de Sonsoles Penadique (de 3 a 6 anos)
Un chintófano, un trebello, un aparello. Música, algún conto, moita diversión e o magnetófono con botóns máxicos.
Voltaremos a un pasado analóxico e máxico a través das músicas e experiencias atesouradas pola etnomúsicóloga Dorothé Schubarth. Coñeceremos a súa persoa, os seus libros e as informantes que tiveron a ben transmitirlle o seu saber sobre a cultura tradicional galega, pero tranquilas! Non deixaremos atrás nin a Manxoliña nin a Vella da botella nin o tío Mateu nin a ave sutil a comer no perexil.
O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior á actividade. As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez que se cerrou o prazo.
Para anular a praza ou calquera outra incidencia cómpre enviar un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal.
Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.