En agosto Contos no parque para o Apego

Contos no parque
Martes de agosto. 18 h. Parque de Bonaval (plataforma dos arcos)
Mantiña e merenda con contos, cantos, monicreques... As actividades do Apego saen fóra no mes de agosto! Convidámosvos a virdes escoitar, participar e socializar en galego todos os martes ás 18 h no parque de Bonaval (plataforma dos arcos). O acceso é aberto e de balde. Se chove haberá localizacións alternativas que anunciaremos nas nosas redes (no Facebook e no Instagram); polo si ou polo non, consultádeas antes de ir cara a Bonaval!
Compañía Galeatro: Hotel Paraíso (+4 anos) - CAMBIO DE LOCALIZACIÓN: ESPAZO APEGO!
04/08/2026

Require inscrición previsa no seguinte formulario:
Alba cóntanos a historia do seu avó que traballou de botóns nun hotel moi especial: o Hotel Paraíso. O seu avó tiña un don especial: era capaz de facer feliz a todas as persoas que pasaban por alí.
Alba admírao profundamente e quere ser coma el. Por iso presta moita atención a todo o que sucede no hotel, ás historias que se esconden entre os seus corredores e habitacións.
Porque en cada habitación do Hotel Paraíso hai unha emoción agochada: a ira, a alegría, o medo, o asco…Emocións que agardan ser descubertas, escoitadas e contadas.
Pérez&Fernández: Umami (+4 anos)
11/08/2026

Contacontos participativo que convida a saborear historias coa mesma curiosidade coa que se descobren os sabores.
A través dunha escolma de contos cheos de humor, emoción e tenrura, este espectáculo achega relatos que falan de igualdade, diversidade, feminismo e de novas masculinidades, poñendo no centro o respecto, a empatía e a liberdade de ser e sentir.
Un espectáculo para degustar sen présa, onde cada conto deixa un pouso especial. Umami é o quinto sabor: o que non é doce, nin salgado, nin amargo, nin acedo; existe porque se mesturan cousas. Como a diversidade: non é rosa nin azul, non é unha soa categoría.
Cris de Caldas: Tantarantiña (+0 anos)
18/08/2026

Este repertorio nace do amor pola tradición popular e polas historias eternas.
Do escoitar, do contar, nace esta recompilación que reúne contos pequenos, rimas, arrolos e xogos de palabras da tradición oral, deses que se contan coa voz, co ritmo e, ás veces, cunha boa gargallada polo medio.
Algunhas son historias herdadas e outras, os contos favoritos de xeración en xeración. Todas elas pensadas para os primeiros oídos curiosos.
Brais das Hortas: Comisión de Festas (+3 anos) - CAMBIO DE LOCALIZACIÓN: ESPAZO APEGO!
25/08/2026

Require inscrición previsa no seguinte formulario:
Brais das Hortas ten un plan : armar a festa! Pero non o pode facer só, precisa unha Comisión de Festas.
Neste novo espectáculo que mestura música, clown e teatro, Brais das Hortas transformará o escenario nun torreiro en festas coa axuda do público. A música, o baile, a risa e a interacción co público irán transformando pouco a pouco o escenario nun campo da festa.
E aínda hai máis! Unha galiña cantando con autotune en Tarde piaches, un baile orgulloso e diverso a peito aberto e peludo, moi peludo, en Peito Lobo...
Disto vai Comisión de Festas, de darnos conta de que, se nos xuntamos, podemos encher o mundo de alegría.

Actividades do programa Apego no parque de Bonaval todos os martes de agosto ás 18 h (na plataforma dos arcos)