Mensaxe de erro

Notice: Undefined index: localized_options en menu_navigation_links() (liña 1873 de /www/drupal7_santiagodecompostela.gal/www/includes/menu.inc).

Programación de febreiro no Espazo Apego

Candeloria
Crianzas
30/01/2026

Durante o mes en que a tradición di que casan os paxariños, no Espazo Apego somerxémonos de cheo na nosa cultura popular. O primeiro e o terceiro luns deste mes elaboramos unha receita entroideira ben saborosa en Merendolas! Ademais, os xoves desta candeloria serán do máis cantareiros con dúas actuacións con moitos contos, cantos e recitados na nosa lingua e tamén cun obradoiro de artes plásticas ben entretido.

Todas as actividades propostas desenvólvense con inscrición previa cubrindo cadanseu formulario. O día anterior sobre as 12 h recibirase un correo coa confirmación da praza, xusto despois de rematar o prazo de inscrición.

 

A lingua medra

Luns / 17 h / Espazo Apego

Os diferentes contextos da vida teñen o seu espazo cada luns arredor do xogo, da experimentación, do coñecemento… Cada semana o enfoque será diferente: cociñarase no espazo Merendolas; a psicomotricidade será a guía en Movéndonos con Apego; e a ciencia será a protagonista en Experimentamos. De 17 a 19 h para
2-6 anos. O correo de confirmación da praza neste caso recibirase o venres anterior á actividade, ao rematar o prazo de inscrición.

Luns 2. Merendolas

Inscrición

Luns 9. Movéndonos con Apego

Inscrición

Luns 16. Merendolas

Inscrición

Luns 23. Experimentamos

Inscrición

 

Tardes de contos

Martes / 17 e 18.15 h / Espazo Apego

Un tempo para entrar nos contos e imaxinar a partir deles, aprendendo cada vez máis palabras para entender o mundo. As actividades desenvólvense cada semana arredor dun centro de interese diferente, arredor dunha temática mensual e en dous horarios: de 17 a 18 h para 0 a 3 anos e de 18.15 a 19.15 h para 3 a 6 anos.

Martes 3                                                                                                           

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 10

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 17

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 24

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

 

Enredando e lingoretando

Mércores / 17 h / Espazo Apego

Un espazo de entretemento activo arredor do xogo, libre ou guiado. A socialización en galego é o obxectivo e a imaxinación e os valores da amizade e a cooperación serán as ferramentas. A actividade contará con dous grupos diferenciados: para 3-6, sen acompañamento dunha persoa titora, e para 0-3 con acompañamento. Nos dous casos o horario será de 17 a 19 h. Iranse incorporando temas e materiais relacionados coas festividades, o medio natural, a contorna inmediata etc., para propiciar a interacción.

Mércores 4. Xogamos coas palabras

Inscrición para 0-3

Inscrición para 3-6

Mércores 11. Fabricamos xoguetes

Inscrición para 0-3

Inscrición para 3-6

Mércores 18. Imos ao patio

Inscrición para 0-3

Inscrición para 3-6

Mércores 25. Xincana de palabras

Inscrición para 0-3

Inscrición para 3-6

 

Tachán!

Dous xoves do mes/ 17 h / 18 h / Espazo Apego

Contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos. Este mes engádese un obradoiro de temática entroideira.

Xoves 5 ás 18 h. Contos de Entroido, de Manuela Contacontos (de 3 a 6 anos)

Divertida sesión de narración oral con historias de choqueiros, peliqueiros, cigarróns, pantallas, felos, folións… Antela, unha pequena que lle ten moito medo aos peliqueiros que aparecen na súa vila no tempo de Entroido, irá descubrindo pouco apouco cousiñas sobre esta figura ata acabar converténdose nunha pequena peliqueira para seguir a tradición familiar.

Inscrición

 

Xoves 12 ás 17 h. Obradoiro de chapeus de xeneraliñas da Ulla, da Semente Compostela (de 3 a 8 anos, as crianzas menores de 5 acompañadas dunha persoa adulta).

Obradoiro de artes plásticas en que se elaborará un chapeu como o que usan os xenerais da Ulla nos seus atranques. Usando materiais sinxelos, cada crianza poderá elaborar o seu chapeu con enfeites personalizados, coa axuda dun familiar e orientadas por persoas da Asociación Semente, que leva anos organizando o seu propio “atranque  das xeneraliñas”. Actividade organizada polo Departamento de Festas.

Inscrición

 

Xoves 19 ás 18 h. Zona en obras, de Brais das Hortas (de 3 a 6 anos)

Atención! Este espectáculo está en obras e precísase da axuda do público para rematalo. A nova tolería de Brais das Hortas preséntanos unha sesión chea de contos, música, monicreques, instrumentos con obxectos e moita interacción co público. Haberá contos de osos tristes, de extraterrestres que viaxan en caldeiros de fregar, de cans de palleiro que se converten en súperstars…

Inscrición