Son no berce

Tachán!
Contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.
Xoves 20. “Son no berce”, de Cris Collazo (de 0 a 3 anos)
A Cova das Letras preséntanos o seu concerto didáctico-sensorial para bebés. Unha viaxe paseñiña que percorre cada descuberta que fai o corpo curioso de bebé. Dende os seus dediños que exploran a natureza, os seus primeiros pasos, que os leva o vento, a sorpresa da auga na súa cariña... até chegar ás vogais e aos fonemas que constrúen e dan vida á nosa lingua.
O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior á actividade. As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez que se cerrou o prazo.
Para anular a praza ou calquera outra incidencia cómpre enviar un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal.
Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.