Contos de animalario

Tachán!
Contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.
Xoves 9. “Contos de animalario”, de Vero Rilo (de 2 a 6 anos)
Unha viaxe polos montes, prados e camiños máis verdes que poidamos ver, unha chea de encontros cos animais máis marabillosos: toupas choscas, chibos enormes e ogros torpes, pombas doces e dragóns atroces, bichos estraños, cabalos azuis e contos de hai anos e de non hai tantos.
O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior á actividade. As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez que se cerrou o prazo.
Para anular a praza ou calquera outra incidencia cómpre enviar un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal.
Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.