Mensaxe de erro

Notice: Undefined index: localized_options en menu_navigation_links() (liña 1873 de /www/drupal7_santiagodecompostela.gal/www/includes/menu.inc).

Programación de outubro no Espazo Apego

Cesto con cogomelos, mazás, castañas e ourizos
Crianzas
30/09/2025

Outono bonito,

folliñas ao chan,

castañas asadas,

que ricas que están!

Na programación de outubro do Espazo Apego, este mes teremos dous días de Merendolas: o primeiro luns co produto estrela do outono galego elaboraremos unhas bolachas de castañas e no terceiro prepararémonos para o Samaín cunhas madalenas terroríficas! Os xoves de Tachán! traerán dúas propostas cheas de contos con Vero Rilo o día 9 e con Bea Campos o 23.

Todas as actividades propostas se desenvolven con inscrición previa cubrindo cadanseu formulario. O día anterior sobre as 12 h recibirase un correo coa confirmación da praza, xusto despois de rematar o prazo de inscrición.

A lingua medra

Luns / 17 h / Espazo Apego

Os diferentes contextos da vida teñen o seu espazo cada luns arredor do xogo, da experimentación, do coñecemento… Cada semana o enfoque será diferente: cociñarase no espazo Merendolas, a psicomotricidade será a guía en Movéndonos con Apego e a ciencia será a protagonista en Experimentamos. De 17 a 19 h para 2-6 anos. O correo de confirmación da praza neste caso recibirase o venres anterior á actividade, ao rematar o prazo de inscrición.

Luns 6. Merendolas: bolachas de castañas

Inscrición

Luns 13. Movéndonos con Apego

Inscrición

Luns 20. Merendolas: madalenas terroríficas

Inscrición

Luns 27. Experimentamos

Inscrición

Tardes de contos

Martes / 17 e 18.15 h / Espazo Apego

Un tempo para entrar nos contos e imaxinar a partir deles, aprendendo cada vez máis palabras para entender o mundo. As actividades desenvólvense cada semana arredor dun centro de interese diferente, arredor da temática mensual (en maio, por Compostela e o mundo) e en dous horarios: de 17 a 18 h para 0 a 3 anos e de 18.15 a 19.15 h para 3 a 6 anos.

Martes 7

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 14

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 21

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 28

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Enredando e lingoretando

Mércores / 17 h / Espazo Apego

Un espazo de entretemento activo arredor do xogo, libre ou guiado. A socialización en galego é o obxectivo e a imaxinación e os valores da amizade e a cooperación serán as ferramentas. Iranse incorporando temas e materiais relacionados coas festividades, o medio natural, a contorna inmediata etc., para propiciar a interacción.

A actividade contará con dous grupos diferenciados: para 3-6, sen acompañamento dunha persoa titora, e para 0-3 con acompañamento. Nos dous casos o horario será de 17 a 19 h.

Mércores 1. Xogamos coas palabras

Inscrición para 0-3

Inscrición para 3-6

Mércores 8. Fabricamos xoguetes

Inscrición para 0-3

Inscrición para 3-6

Mércores 15. Imos ao patio

Inscrición para 0-3

Inscrición para 3-6

Mércores 22. Xincana de palabras

Inscrición para 0-3

Inscrición para 3-6

Mércores 29. Xincana de palabras

Inscrición para 0-3

Inscrición para 3-6

Tachán!

Dous xoves do mes/ 18 h / Espazo Apego

Contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.

Xoves 9. “Contos de animalario”, de Vero Rilo (de 2 a 6 anos)

Unha viaxe polos montes, prados e camiños máis verdes que poidamos ver, unha chea de encontros cos animais máis marabillosos: toupas choscas, chibos enormes e ogros torpes, pombas doces e dragóns atroces, bichos estraños, cabalos azuis e contos de hai anos e de non hai tantos.

Inscrición

Xoves 23. “Entre arrolos e contiños”, de Bea Campos (de 0 a 4 anos)

“Abre os ollos, as orellas, o nariz e a boca xa, entre arrolos e contiños, a sesión vai comezar”

Nesta actividade, as crianzas compartirán coas persoas que as coidan e educan un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns, e espertará en todas elas o interese pola literatura, a música e a tradición oral.

Inscrición

Resumo: 

Outono bonito, folliñas ao chan, castañas asadas, que ricas que están!