Mensaxe de erro

Notice: Undefined index: localized_options en menu_navigation_links() (liña 1873 de /www/drupal7_santiagodecompostela.gal/www/includes/menu.inc).

A viaxe de Lup

Lup cunha cámara de fotos antiga
Crianzas

Tachán!

Contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.

Xoves 17. “A viaxe de Lup”, de Sole Felloza (de 0 a 4 anos)

A viaxe de Lup é un espectáculo de narración oral que mestura son, versos, contos e pequenos obxectos, pensado especialmente para a primeira infancia para que viaxen coa imaxinación a través das palabras e dos sentidos.

Inscrición

O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior á actividade. As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez que se cerrou o prazo.

Para anular a praza ou calquera outra incidencia cómpre enviar un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal.

Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.

Dirixido a : 
Crianzas de 0 a 4 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 17/07/2025 - 18:00
Espazo Apego
Prazas: 
30