Mensaxe de erro

Notice: Undefined index: localized_options en menu_navigation_links() (liña 1873 de /www/drupal7_santiagodecompostela.gal/www/includes/menu.inc).

O verán no Espazo Apego no mes de xullo

Lontra cun flotador no río
Crianzas
30/06/2025

Estamos no verán! Días longos e tempo de lecer: baños refrescantes no río, no mar ou na piscina, paseos polos parques do noso concello e unha chea de actividades no Espazo Apego.

O primeiro luns deste mes elaboraremos o doce máis coñecido de Compostela, a torta de Santiago, e no terceiro prepararemos un menú de pícnic. Os xoves de Tachán! traerán dúas propostas especiais para os e as máis pequechas da casa: Luis Prego e Samuel Soto o día 3 e Sole Felloza o 17.

Todas as actividades propostas se desenvolven con inscrición previa cubrindo cadanseu formulario. O día anterior sobre as 12 h recibirase un correo coa confirmación da praza, xusto despois de rematar o prazo de inscrición.

A lingua medra

Luns / 17 h / Espazo Apego

Os diferentes contextos da vida teñen o seu espazo cada luns arredor do xogo, da experimentación, do coñecemento… Cada semana o enfoque será diferente: cociñarase no espazo Merendolas, a psicomotricidade será a guía en Movéndonos con Apego e a ciencia será a protagonista en Experimentamos. De 17 a 19 h para 2-6 anos. O correo de confirmación da praza neste caso recibirase o venres anterior á actividade, ao rematar o prazo de inscrición.

Luns 7. Merendolas: torta de Santiago

Inscrición

Luns 14. Movéndonos con Apego

Inscrición

Luns 21. Merendolas: preparamos un pícnic

Inscrición

Luns 28. Experimentamos

Inscrición

Tardes de contos

Martes / 17 e 18.15 h / Espazo Apego

Un tempo para entrar nos contos e imaxinar a partir deles, aprendendo cada vez máis palabras para entender o mundo. As actividades desenvólvense cada semana arredor dun centro de interese diferente, arredor da temática mensual (en maio, por Compostela e o mundo) e en dous horarios: de 17 a 18 h para 0 a 3 anos e de 18.15 a 19.15 h para 3 a 6 anos.

Martes 1                                                                                                            

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 8

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 15

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 22

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 29

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Enredando e lingoretando

Mércores / 17 h / Espazo Apego

Un espazo de entretemento activo arredor do xogo, libre ou guiado. A socialización en galego é o obxectivo e a imaxinación e os valores da amizade e a cooperación serán as ferramentas. Iranse incorporando temas e materiais relacionados coas festividades, o medio natural, a contorna inmediata etc., para propiciar a interacción.

A actividade contará con dous grupos diferenciados: para 3-6, sen acompañamento dunha persoa titora, e para 0-3 con acompañamento. Nos dous casos o horario será de 17 a 19 h.

Mércores 2. Xogamos coas palabras

Inscrición para 0-3

Inscrición para 3-6

Mércores 9. Fabricamos xoguetes

Inscrición para 0-3

Inscrición para 3-6

Mércores 16. Imos ao patio

Inscrición para 0-3

Inscrición para 3-6

Mércores 23. Xincana de palabras

Inscrición para 0-3

Inscrición para 3-6

Mércores 30. Xincana de palabras

Inscrición para 0-3

Inscrición para 3-6

Tachán!

Dous xoves do mes/ 18 h / Espazo Apego

Contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.

Xoves 3. “Prende no colo”, de Luis Prego e Samuel Soto (de 0 a 3 anos)

Sesión musical para aprender cantigas, cantos de berce, xogos de dedos, recitados e outras pezas pensadas para iniciar as crianzas na linguaxe, no ritmo e na melodía.

Inscrición

Xoves 17. “A viaxe de Lup”, de Sole Felloza (de 0 a 4 anos)

A viaxe de Lup é un espectáculo de narración oral que mestura son, versos, contos e pequenos obxectos, pensado especialmente para a primeira infancia para que viaxen coa imaxinación a través das palabras e dos sentidos.

Inscrición

Resumo: 

Estamos no verán! Días longos e tempo de lecer: baños refrescantes no río, no mar ou na piscina, paseos polos parques do noso concello e unha chea de actividades no Espazo Apego.