Mensaxe de erro

Notice: Undefined index: localized_options en menu_navigation_links() (liña 1873 de /www/drupal7_santiagodecompostela.gal/www/includes/menu.inc).

Máis saaabor!

Máis saaabor!_Fran Rei e Félix Rodríguez_Apego en Compostela
Crianzas

CAMBIO DE LOCALIZACIÓN: POR MOR DA PREDICIÓN DE CHOIVA, O ESPECTÁCULO TRASLÁDASE Á CASA DAS MÁQUINAS.

*********************************

CONTOS NO PARQUE

Os martes do mes de agosto temos unha cita no parque de Bonaval! As actividades do Apego saen fóra e invítanvos a vir escoitar, participar e socializar en galego todos os martes ás 18 h na zona da plataforma dos arcos. Non esquezades traer a mantiña e a merenda que alí estarán os contos, cantos, monicreques... O acceso é aberto e de balde. En caso de choiva consultade as nosas redes.

O terceiro martes do mes teremos no parque a estrea de Máis saaabor

Unha mestura música en directo, maxia, humor, moito ritmo, participación do público e, sobre todo, a gastronomía máis internacional, selecta e divertida.

Desta volta, estes refinados chefs preparan un menú degustación con sabores dos cinco continentes, coa mensaxe de promover unha dieta ampla, variada e diversa. Máis Saaabor! é máis: máis música, máis gastronomía, máis maxia e máis ritmo!

Tras o éxito de Saaabor!, estreada en 2017, Félix Rodríguez e Fran Rei convértense de novo en dous recoñecidos e divertidos chefs que nos ofrecen un gorentoso, equilibrado e, sobre todo, ben afinado menú. A nova casa de xantar de Máis Saaabor! abre na vila; un restaurante do que xorden infinidade de xogos cómicos e máxicos e unha chea de trebellos cos que cociñar música.

Dirixido a : 
A partir de 3 anos
Data, hora e lugar: 
Mar, 19/08/2025 - 18:00
Casa das Máquinas
Prazas: 
100