Mensaxe de erro

Notice: Undefined index: localized_options en menu_navigation_links() (liña 1873 de /www/drupal7_santiagodecompostela.gal/www/includes/menu.inc).

Lingoreteira

Lingoreteira_Xarope Tulú_Apego Compostela
Crianzas

CONTOS NO PARQUE

Os martes do mes de agosto temos unha cita no parque de Bonaval! As actividades do Apego saen fóra e invítanvos a vir escoitar, participar e socializar en galego todos os martes ás 18 h na zona da plataforma dos arcos. Non esquezades traer a mantiña e a merenda que alí estarán os contos, cantos, monicreques... O acceso é aberto e de balde. En caso de choiva consultade as nosas redes.

Este primeiro martes Xarope Tulú traeranos Lingoreteira!

“Esa é unha lingoreteira”, dicían. O que non sabían era que grazas a ela algunhas das historias que Xarope Tulú vai contar chegaron ata hoxe. Esta sesión de contos é unha homenaxe á lingoreteira que hai en nós, a esa parte nosa que permite que a palabra e a oralidade non morran de todo.

Achegádevos que imos botar a lingua a pacer! Lingoreteira é un espectáculo para público familiar que combina a narración oral, a música e a manipulación dun monicreques.

En escena, a narradora Atenea García e o músico Nicolás Zamorano fannos viaxar por novos vieiros a partir da música e a palabra.

Dirixido a : 
A partir de 3 anos
Data, hora e lugar: 
Mar, 05/08/2025 - 18:00
Parque de Bonaval
Prazas: 
100