Experimentación coa arte urbana

Tachán!
Contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.
Xoves 18. Obradoiro de experimentación coa arte urbana, con 7hcoop (de 3 a 9 anos)
Dentro do III Familia Delas Fest, o Espazo Apego acolle este obradoiro para familias con crianzas entre 3 anos e 9 anos onde coñecerán e experimentarán cos materiais e ferramentas propias da arte urbana contextual mentres se traballará de xeito interxeracional durante todo o proceso.
Empregaranse pinturas e sprais con base de auga, evitando así a toxicidade doutros disolventes. Recoméndase asistir con roupa cómoda, que se poida manchar e non sexa moi delicada.
O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior á actividade. As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez que se cerrou o prazo.
Para anular a praza ou calquera outra incidencia cómpre enviar un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal.
Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.