Mensaxe de erro

Notice: Undefined index: localized_options en menu_navigation_links() (liña 1873 de /www/drupal7_santiagodecompostela.gal/www/includes/menu.inc).

Contos para nenas...

Tropa de Trapo_Contos para nenas_Apego Compostela
Crianzas

CONTOS NO PARQUE

Os martes do mes de agosto temos unha cita no parque de Bonaval! As actividades do Apego saen fóra e invítanvos a vir escoitar, participar e socializar en galego todos os martes ás 18 h na zona da plataforma dos arcos. Non esquezades traer a mantiña e a merenda que alí estarán os contos, cantos, monicreques... O acceso é aberto e de balde. En caso de choiva consultade as nosas redes.

O segundo martes do mes a Tropa de Trapo contará e cantará Contos de nenas grandes e pequenas!

Nesta proposta de narración oral e música en directo, con contos e cantos de mulleres de todas as idades, A Tropa de Trapo vainos contar as súas historias, todas distintas e cada unha coa súa voz propia. Aquí van os contos de mulleres diversas: unha nena a que trata de mediar nunha pelexa entre lagartos, dúas mulleres que axudan a parir unha vaca, unha nena pequena que salva o seu pai do esquecemento e a morte...

O poder do amor e da memoria, a importancia do bo trato entre as persoas, a loita contra a violencia machista e a igualdade entre homes e mulleres, a resolución de conflitos mediante o diálogo... son algúns dos temas que imos atopar neste martes de agosto.

Dirixido a : 
A partir de 3 anos
Data, hora e lugar: 
Mar, 12/08/2025 - 18:00
Parque de Bonaval
Prazas: 
100