Xogo e aprendizaxe

O xogo e a aprendizaxe
Crianzas

 

OBRADOIROS PARA MEDRAR

Obradoiros prácticos para papás, mamás e outras persoas coidadoras, sobre diferentes aspectos da crianza que se van desenvolvendo ao longo do mes, cunha sesión semanal. Tratan de temas de especial interese nas idades máis temperás e combinan a aprendizaxe das persoas adultas con actividades para a cativada. Para esta actividade non hai límite no número de persoas adultas por crianza para promovermos a educación familiar.

“Xogo e aprendizaxe”

Os venres deste mes guiará os obradoiros Gaia Ecocrianza para falarnos da importancia do xogo na aprendizaxe e de como podemos organizar un bo espazo de xogo. Os espazos de xogo deben ser lugares onde ser e estar e deben facilitar sensacións de calidade e crear diálogos entre a crianza e a súa contorna. O xogo libre é o xeito en que as crianzas, exploran, aprenden a relacionarse, coñecen os seus límites, a elas mesmas e a outras e tamén aprenden normas. O material non estruturado favorece o xogo libre…

Os obradoiros estrutúranse en dúas partes continuadas e relacionadas entre si: a primeira sobre como prepararmos os espazos de xogo e a segunda sobre o xogo libre, as pezas soltas e a aprendizaxe. Un feixiño de temas encherá as tardes dos venres con moooito apego lúdico.

A inscrición das familias para os obradoiros é única para os venres 3, 10 e 17 de decembro neste formulario.

Dirixido a : 
Familias con crianzas ata os 6 anos
Data, hora e lugar: 
Ven, 17/12/2021 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
15 familias