Un xogo para os coleccionables do Apego

Crianzas
01/08/2021

 - Queres ser o meu amigo? / - Si, quero ir ao mar de Vigo!

Neste mes de agosto volve editarse o calendario nu cunha proposta de xogo para a vosa colección.

Desta volta trátase do clásico xogo do teléfono escangallado. Xogastes algunha vez? É una actividade ben divertida para entreterse en familia. Só hai que formar una cadea sonora onde a primeira persoa da cadea bisba una mensaxe ao oído da seguinte, que lla pasa á que ten ao lado e así ata chegar ao último elo da cadea, que dirá a mensaxe en alto. As risas están aseguradas ao comparala coa mensaxe inicial!

No descargable van algúns exemplos de frases coas que comezar e coas que podedes facer unas tarxetas ben chulas, mais podedes empregar as que se vos ocorran.  Tamén podedes probar a xogar no banco dos murmurios da alameda compostelá, que disque falando coa cabeza pegada ao respaldo mantén unha acústica moi boa. Será certo?

Os coleccionables de xogos dos meses anteriores: xullo, xuño, maio, abril e marzo.