Un bico para Alí

Fabaloba e Bolboreta
Crianzas

(EN SUBSTITUCIÓN DO INICIALMENTE PROGRAMADO "O POZO DO ENCANTO", DA MESMA SERIE, QUE TIVO QUE SER ADIADO POR MOTIVOS TÉCNICOS)

No seu primeiro día de escola, Alí coñece a Antón, un neno cunha diversidade funcional que se manifesta principalmente nas súas dificultades de linguaxe.
Estrañada polo comportamento do seu novo compañeiro, Alí intentará axudalo botando man de contos, cancións e outros moitos recursos.

Primeiro dunha serie de contos formativos nacidos como dinamización do portal www.aliali.gal, elemento central do proxecto “Alí, recursos en galego para edución infantil”, que pretende servir de elemento difusor de libros, discos, audiovisual, xogos e xoguetes que hai en galego á disposición das familias, ao tempo que lles fornece propostas concretas para gozar e aproveitar algúns deles.

Cada un dos contos de Alí consta de dous planos, un literal, dirixido á rapazada e outro metafórico dixido ás nais e pais e no que contén unha reflexión acerca do seu papel na transmisión interxeneracional do idioma e da importancia do uso de recursos lúdico-educativos en galego.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

As prazas son limitadas e confírmanse por correo electrónico unha vez rematado o prazo de inscrición (ás 12 h do día anterior).

En caso de que queden prazas libres, o formulario poderá permanecer aberto un día máis pero é preciso asegurase de que se recibiu a confirmación para poder asistir á actividade.

Para anular a praza ou calquera outra incidencia pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal

Pregamos que nas actividades dirixidas a nenas e nenos acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.

O acceso ao espazo abre uns quince minutos antes de cada actividade. Aconséllase acudir con roupa cómoda.

 

Dirixido a : 
Crianzas de 3 a 6 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 19/05/2022 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
20