Maio con Apego

Abella e xoaniña
Crianzas
25/04/2022

Abella!

Segundo os gregos as abellas aman as flores. Son uns insectos moi sociables que nos benefician co seu ir e vir de flor en flor. As xoaniñas tamén nos axudan na nosa supervivencia, así como todos os insectos en xeral. Lembremos coidalos!

Podemos coñecer algo máis destes bichiños coa canción “Abella” de Kókiti Música. Aproveitade a súa canle para investigar cantos recursos ofrece!

Na actividade do mes de maio, o  Espazo Apego (rúa da República do Salvador, 12 - entresollado), acolle as propostas que xera o programa Apego en Santiago para promover o uso do galego na infancia. Un tempo de lecer no que gozarmos cos contos, a música ou o xogo, á vez que xeramos un contexto favorable para conectar coa lingua.

Resumo de actividades semanais e formularios de inscrición:

MARTES

TARDES DE CONTOS (de 0 a 3 anos). Ás 17 h

Contos de calquera das maneiras posibles para achegar a cativada á literatura oral e escrita.

Inscrición para o 3 de maio (0-3 anos)

Inscrición para o 10 de maio (0-3 anos)

Inscrición para o 24 de maio (0-3 anos)

Inscrición para o 31 de maio (0-3 anos)

TARDES DE CONTOS (de 3 a 6 anos). Ás 18.15 h

Inscrición para o 3 de maio (3-6 anos)

Inscrición para o 10 de maio (3-6 anos)

Inscrición para o 24 de maio (3-6 anos)

Inscrición para o 31 de maio (3-6 anos)

MÉRCORES

TARDES XOGANTINAS (de 3 a 6 anos sen acompañamento adulto) Ás 17.30 h

Un  tempo de xogo colectivo no que aprender e experimentar en grupo e coa lingua galega como vehículo e como elemento de  cohesión e acceso ao patrimonio lúdico tradicional. Guía a actividade Xandobela.

Inscrición para o 4 de maio

Inscrición para o 11 de maio

Inscrición para o 18 de maio

Inscrición para o 25 de maio

XOVES

HOXE HAI FUNCIÓN. Ás 17.30 h

  • 5 de maio “Casa, casiña, casona” con Marta Ortiz (0-6 anos). Espectáculo baseado no asombro e na transmisión do amor a través da palabra, dos primeiros cantos, xogos, cancións, de dedos, trabalinguas, arrolos, poemas…
  • 19 de maio “O pozo do encanto” con Fabaloba e Bolboreta (+ 3 anos). O noso encanto debe baixar do monte que é o seu fogar porque se atopa bastante soa, por iso vai á vila á procura de gorxas que lle axuden a seguir transmitindo o seu legado de palabras. Un espectáculo con música, conto e ilustración.

LINGORETADAS (de 2 a 6 anos) Ás 17.30 h

Espazo de entretemento activo no que se promove a socialización e a expresión (verbal, xestual, corporal) manexando ditos, cancións, xogos, xoguetes... os xoves que non temos función:

Inscrición para o 12 de maio

VENRES

OBRADOIROS PARA MEDRAR

Obradoiros formativos para nais, pais ou persoas adultas coidadoras de crianzas ata os 6 anos. Ás 17.30 h

A temática deste mes serán os cambios. Abordaranse, desde unha perspectiva sistémica, algúns dos cambios máis importantes no ciclo da vida e a forma na que lles afectan ás crianzas e á familia. A exposición dos contidos que seguen verase sempre reforzada cun diálogo coas persoas participantes no obradoiro.

6 de maio: A autonomía e a adquisición de hábitos

13 de maio: Novos nacementos na familia

20 de maio: O tratamento da morte

27 de maio: Separación e divorcio

A inscrición das familias para os obradoiros é única para os venres 6, 13, 20 e 27 de maio neste FORMULARIO.

En caso de que o necesitedes haberá unha actividade lúdica paralela para nenas e nenos de 2 a 6 anos que teñan que acompañarvos.  

 

________________________________

Todas as actividades precisarán inscrición previa.

O acceso aos formularios de inscrición atópase en cada apartado desta nova e tamén na sección de actividades das webs apego.gal e delingua.santiagodecompostela.gal (onde se irán publicando semana a semana).  O prazo para anotarse nas actividades do Espazo Apego remata ás 12 h do día anterior a cada actividade.  As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez pechado o prazo. En caso de que queden prazas libres, o formulario poderá permanecer aberto un día máis, pero é preciso asegurase de que se recibiu a confirmación para poder asistir á actividade. 

Para anular a praza ou calquera outra incidencia pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal

Resumo: 

Unha primavera de insectos!