Tralará

Marta Ortiz_Tralará
Crianzas

Tachán!

Un xoves cada quince días contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.

Desta volta, na estrea do seu novo espectáculo, Marta Ortiz xunta contos, cantigas e obxectos e tráenolos con moito ritmo ao Espazo Apego! Contos de antes e de agora, cun pé para adiante e outro para atrás, bailando entre a tradición e a actualidade. Tralará ten o ritmo no corpo, cos cantos e cos refráns, retrousos e rimas, xogos de palabras e contos versados.

A inscrición estará aberta ata as 12 h do día 3. Para anotarse cómpre cubrir o seguinte formulario:

Inscrición

Unha vez rematado o prazo confirmaremos por correo electrónico.

Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.

Dirixido a : 
Crianzas de 0 a 4 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 04/04/2024 - 18:00
Espazo Apego
Prazas: 
25