Sexualidade infantil

Crianzas

Este mércores toca falarmos de cando e como comezar a abordar os temas da sexualidade coas crianzas no faladoiro “Abrindo camiño: a sexualidade infantil (0-6 anos)” da man da Asociación Sexus.

Como falar de sexualidade? Que contar e cando? O paradoxo de “non facer educación sexual”, erótica infantil vs. erótica adolescente… Este faladoiro procurará entender as dúbidas que poidan ter as nosas crianzas para que as acompañemos nas súas dificultades.

Para familias con crianzas de 0 a 6 anos.

Inscrición previa en dlg@santiagodecompostela.gal (indicar nome completo, idade de cada unha das persoas asistentes e teléfono de contacto). O prazo para inscribirse na actividade comeza ás 00 horas do mércores anterior. Facer constar no correo de inscrición se se precisa o espazo de conciliación Enredando (de 2 a 6 anos).

Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes da actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos e con roupa cómoda). É obrigatorio o uso de máscara en todo o local.

Dirixido a : 
Nais e pais con crianzas entre 0 e 6 anos
Data, hora e lugar: 
Mér, 16/09/2020 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
10