Saaabor!

Félix Rodríguez e Fran Rei en Saaabor!
Crianzas

Tachán! Xoves de función con Fran Rei e Félix Rodríguez, que cociñarán con moito Saaabor! para ofrecernos sorpresas, risa, ritmos, contos, maxia…

Un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor e moito ritmo co mundo da gastronomía de fondo! Os nosos protagonistas convértense en dous recoñecidos chefs que nos van ofrecer un gorentoso, equilibrado e, sobre todo, afinado menú.

A inscrición estará aberta ata as 12 h do día 6. Para anotarse cómpre cubrir o seguinte formulario:

Inscrición

Unha vez rematado o prazo confirmaremos por correo electrónico.

Dirixido a : 
Crianzas a partir de 3 anos.
Data, hora e lugar: 
Xov, 07/03/2024 - 18:00
Espazo Apego
Prazas: 
30