Ris ras
Espectáculo guiado por Ailén Kendelman e Iria Piñeiro para enredar, rir e bailar. Unha viaxe a través da música, os xogos, os enredos e as historias da tradición oral galega da man dun trasno que nace do amor entre Catarina e Lourenzo (a Lúa e o Sol). A palabra e as brincadeiras estarán sempre presentes para pasar un anaco feliz en familia.
O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior á actividade. As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez pechado o prazo. En caso de que queden prazas libres, o formulario poderá permanecer aberto un día máis pero é preciso asegurase de que se recibiu a confirmación para poder asistir á actividade.
Para anular a praza ou calquera outra incidencia pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal
Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.
O acceso ao espazo abre uns quince minutos antes de cada actividade. Aconséllase acudir con roupa cómoda e é obrigatorio o uso de máscara para maiores de 6 anos.