Recursos sobre artes visuais
OBRADOIROS PARA MEDRAR (para nais, pais, persoas coidadoras... e crianzas ata os 6 anos)
Obradoiros prácticos sobre diferentes aspectos da crianza que se van desenvolvendo ao longo do mes, cunha sesión semanal. Trátanse temas de especial interese nas idades máis temperás e combínase a aprendizaxe das persoas adultas coas actividades para a cativada. Para esta actividade non hai límite no número de persoas adultas por crianza para promovermos a educación familiar.
Este mes os obradoiros desenvolveranse de maneira conxunta para crianzas e persoas adultas na mesma sala.
“A importancia do imaxinario infantil. As artes plásticas na educación familiar”
As artes e o xogo libre son ferramentas para coidar e estimular o imaxinario infantil. As actividades de debuxo, con materiais sinxelos e de baixo custo axúdanlles a crear, imaxinar ou rexistrar os seus propios mundos e, asemade, pensalos cos demais. O xogo libre - xogo simbólico- crea escenografías para o xogo. Poderemos axudarlles a identificar os estereotipos que somos nos obradoiros de formación en artes plásticas guiados pola artista Mirari Urruzola.
4 de marzo: Do abstracto ao figurativo I: Crear unha figura ou animal a partir de anacos de papel de cores.
11 de marzo: Do abstracto ao figurativo II. Debuxo experimental. Debuxar a partir de manchas.
18 de marzo: Construción e manexo de monicreques.
25 de marzo: Escenografías para o xogo.
A inscrición das familias para os obradoiros é única para os venres 4, 11 e 18 e 25 de marzo neste formulario.