Marzo con Apego
Este mes... vai de arte!
Baixo a bóla do mundo que sostén, resignado, o titán Atlas, o Pazo de Bendaña, na praza do Toural, acolle a Fundación Granell coas xeniais obras do pintor e de Amparo Segarra canda as de artistas que inspiraron ou acompañaron a parella.
O coleccionable deste mes de marzo proponnos visitar o museo e, para prepararmos a visita, realizar unha colaxe como as que facía Amparo. Animádesvos?
A actividade semanal, o Espazo Apego (rúa da República do Salvador, 12 - entresollado), acolle as propostas que xera o programa Apego en Santiago para promover o uso do galego na infancia. Un tempo de lecer no que gozarmos cos contos, a música ou o xogo, á vez que xeramos un contexto favorable para conectar coa lingua.
Resumo de actividades semanais e formularios de inscrición:
MARTES.
TARDES DE CONTOS (de 0 a 3 anos). Ás 17 h
Contos de calquera das maneiras posibles para achegar a cativada á literatura oral e escrita.
Inscrición para o 8 de marzo (0-3 anos)
Inscrición para o 15 de marzo (0-3 anos)
Inscrición para o 22 de marzo (0-3 anos)
Inscrición para o 29 de marzo (0-3 anos)
TARDES DE CONTOS (de 3 a 6 anos). Ás 18.15 h
Inscrición para o 8 de marzo (3-6 anos)
Inscrición para o 15 de marzo (3-6 anos)
Inscrición para o 22 de marzo (3-6 anos)
Inscrición para o 29 de marzo (3-6 anos)
MÉRCORES. TARDES XOGANTINAS (3-6 anos sen acompañamento adulto). 17.30 - 19 h
Retomamos a exitosa proposta das Tardes xogantinas! Un tempo de xogo colectivo no que aprender e experimentar en grupo e coa lingua galega como vehículo e como elemento de cohesión e acceso ao patrimonio lúdico tradicional. Guía a actividade Xandobela.
XOVES DE FUNCIÓN. Ás 17.30 h
- 10 de marzo “Feira das sementes” con Babaluva (+ 2 anos). Feira das Sementes é a feira máis pequena do mundo. Unha feira onde nada se vende, onde as sementes se trocan por outras, por un conto, un refrán, unha canción ou unha adiviña.
- 24 de marzo “Con papá” con Cris de Caldas (1-4 anos). Era un bebé que pasaba o día co seu pai... Sesión de contos con xogos de man, cantiños, monicreques, humor e música.
XOVES. LINGORETADAS (de 2 a 6 anos) Ás 17.30 h
Espazo de entretemento activo no que se promove a socialización e a expresión (verbal, xestual, corporal) manexando ditos, cancións, xogos, xoguetes... os xoves que non temos función:
VENRES. OBRADOIROS PARA MEDRAR (nais, pais, persoas coidadoras... e crianzas ata os 6 anos). Ás 17.30 h
Obradoiros prácticos sobre diferentes aspectos da crianza que se van desenvolvendo ao longo do mes, cunha sesión semanal. Trátanse temas de especial interese nas idades máis temperás e combínase a aprendizaxe das persoas adultas coas actividades para a cativada. Para esta actividade non hai límite no número de persoas adultas por crianza para promovermos a educación familiar.
Este mes os obradoiros desenvolveranse de maneira conxunta para crianzas e persoas adultas na mesma sala.
“A importancia do imaxinario infantil. As artes plásticas na educación familiar”
As artes e o xogo libre son ferramentas para coidar e estimular o imaxinario infantil. As actividades de debuxo, con materiais sinxelos e de baixo custo axúdanlles a crear, imaxinar ou rexistrar os seus propios mundos e, asemade, pensalos cos demais. O xogo libre - xogo simbólico- crea escenografías para o xogo. Poderemos axudarlles a identificar os estereotipos que somos nos obradoiros de formación en artes plásticas guiados pola artista Mirari Urruzola.
4 de marzo: Do abstracto ao figurativo I: Crear unha figura ou animal a partir de anacos de papel de cores.
11 de marzo: Do abstracto ao figurativo II. Debuxo experimental. Debuxar a partir de manchas.
18 de marzo: Construción e manexo de monicreques.
25 de marzo: Escenografías para o xogo.
A inscrición das familias para os obradoiros é única para os venres 4, 11 e 18 e 25 de marzo neste formulario.
________________________________
Todas as actividades precisarán inscrición previa.
O acceso aos formularios de inscrición atópase en cada apartado desta nova e tamén na sección de actividades das webs apego.gal e delingua.santiagodecompostela.gal (onde se irán publicando semana a semana. O prazo para anotarse nas actividades do Espazo Apego remata ás 12 h do día anterior a cada actividade. As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez pechado o prazo. En caso de que queden prazas libres, o formulario poderá permanecer aberto un día máis pero é preciso asegurase de que se recibiu a confirmación para poder asistir á actividade.
Para anular a praza ou calquera outra incidencia pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal
Pregamos que nas actividades dirixidas a nenas e nenos acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.
O acceso ao espazo abre uns quince minutos antes de cada actividade. Aconséllase acudir con roupa cómoda e é obrigatorio o uso de máscara.
Actividades no Espazo Apego