O outono e as emocións

O outono e as emocións
Crianzas

OBRADOIROS PARA MEDRAR EN FAMILIA

Obradoiros prácticos sobre diferentes aspectos da crianza que se van desenvolvendo ao longo do mes, cunha sesión semanal. Tratan de temas de especial interese nas idades máis temperás e combinan a aprendizaxe das persoas adultas con actividades para a cativada. Para esta actividade non hai límite no número de persoas adultas por crianza para promovermos a educación familiar.

“O outono e as emocións”

Os venres deste mes reflexionaremos sobre as posibilidades que ofrece a natureza como recurso educativo e sobre como introducir o recoñecemento das emocións básicas nas rutinas diarias.

Para as nenas e nenos:

  • 1 de outubro “A vendima”
  • 8 de  outubro “Os froitos de outono”
  • 15 de outubro “As follas do outono I”
  • 22 de outubro “As follas de outono II”
  • 29 de outubro “As emocións”

A inscrición das familias para os obradoiros é única para todo o mes neste FORMULARIO. No correo de confirmación indicaranse os sinxelos materiais cos que acudir aos obradoiros.

O acceso ao espazo comezará arredor de quince minutos antes de cada actividade. Aconséllase acudir con roupa cómoda. É obrigatorio o uso de máscara.

Dirixido a : 
Familias con crianzas entre 0 e 6 anos
Data, hora e lugar: 
Ven, 29/10/2021 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
37