O lobo feliz

Miguel Guido
Crianzas

Tachán!

Un xoves cada quince días contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.

É tempo de lobos que buscan a felicidade ouveándolle á lúa. Miguel Guido tráenos ao Espazo Apego un contacontos con música e moito humor, baseado no libro do mesmo nome e contado polo seu autor, el mesmo.

A inscrición estará aberta ata as 12 h do día 17. Para anotarse cómpre cubrir o seguinte formulario:

Inscrición

Unha vez rematado o prazo confirmaremos por correo electrónico.

Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.

 

Dirixido a : 
Maiores de 3 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 18/04/2024 - 18:00
Espazo Apego
Prazas: 
25